PLAY OFF 2017 ACTAS

0
144
Bancadas cheas do campo de fútbol Manuel Paz do Castiñeiriño. Compostela.
       Rematou a LNB 2016-2017 coa proclamación dos campiós e campioas en cada unha das 5 categorías establecidas. Agora ábrese un prazo de 7 días para alegacións ou reclamacións ás actas oficiais. Metres tanto, podemos informar dos resultados e tamén dos podios. Para ter fotos debemos esperar uns días, pois os fotógrafos chegaron de madrugada aos seus domicilios e non tiveron tempo de subir as fotos. Ademais, estes primeiros días despois do Play Off os equipos e xogadores/as que subiron ao podio teñen que atender os compromisos con patrocinadores e institucións públicas. Deben acudir á recepción que lles ofrece o concello e a actos publicitarios, nos que mostrar os trofeos conseguidos e firmar autógrafos aos seus seguidores e seareiros. Daquela, iremos publicando a crónica fotográfica do PLAY OFF durante esta semana. 
Escrutinio da QUINILLARDA. Non houbo acertantes ao pleno, nin houbo acertantes de 3 categorías, polo tanto, houbo que chegar aos acertantes de 2 categorías, que curiosamente só foron 2 persoas. Isto indica a dificultade de prognosticar con acerto no mundo da Billarda.  
      
CATEGORÍA EQUIPOS

       Este ano, por fin, CORREDOIRAS un dos equipos máis potentes da LNB demostrou este potencial e logrou levar para Bueu o Título. Este ano a distancia entre o primeiro e o segundo foi de 5 puntos, algo que non sucedeu nas dúas últimas temporadas, nas que houbo un empate entre os dous primeiros equipos no ano 2015, e o ano 2016 foi unha distancia de 1 único punto. Onde houbo igualdade foi nos outros dous lugares do podio. Tal foi esta semellanza de puntos que houbo que desempatar. No desempate foi o equipo de Ponte de Outeiro quen se impuxo ao equipo da Ría de Pontevedra. 
       Analizando polo miúdo as puntuacións podemos afirmar que unha media de 10 puntos por xogador ou xogadora permite estar en postos de podio e incluso ter opcións de título. Os grupos que finalmente decidiron o título non foron os dous primeiros, senón do 3 ata o 6, xa que neles Corredoiras tivo unha media de 13 puntos.  









1º-CORREDOIRAS – Bueu


2º-CARABULLO – Ponte de Outeiro


3º-GHARABOTO – Marín

CATEGORÍA INDIVIDUAL ABSOLUTA

       O gran triunfador a nivel individual foi MARKYTOS, que pola mañá conseguiu o título de Varados, o que lle faltaba para completar o GRAN SLAM LNB (Varados-Individual-Equipos), e pola tarde logrou o seu terceiro título de COROCEIRO NACIONAL. Extraordinario PLAY OFF para o músico de Ribadeo. 
1º-MARKYTOS– Billardeiros Musicais – Ribadeo



2º-DANIEL– Rinoceronte – Pontevedra


3º-CHARLI– Carabullo – Ponte de Outeiro










CATEGORÍA INDIVIDUAL FEMININA

       Na Categoría Feminina CHEFA deu a sorpresa e superou na final a dúas Campioas Nacionais como son Bego e Geni. Nunha final emocionantisima a de Castela e León logrou, contra todo prognóstico, superar a Bego e a Geni. Foi tal a igualdade que á definitiva terceira carreira as 3 xogadoras chegaron empatadas, e as tres tiveron opción de entrar no mesmo golpe nesa terceira carreira, mais foi CHEFA quen o conseguíu. Bego e Geni tiveron que ir ao desempate para decidir os outros lugares do podio. Geni xogou a eliminatoria de semifinais e a final algo diminuída fisicamente, pois tivo unha caída e mancouse na coxa esquerda. Aínda así, tivo as súas oportunidades para ganar. A afouta palanadora de Ribadeo non quixo defraudar ao público asistente e continuou xogando a pesar da dor na perna esquerda.

1º-CHEFA– Corredoiras – Bueu


2º-BEGO– Corredoiras – Bueu


3º-GENI– Billardeiros Musicais – Ribadeo

 CATEGORÍA INFANTIL
       Outra gran sorpresa aconteceu na Categoría Infantil, xa que Juanma era o claro favorito, por ser dominador absoluto da súa Conferencia e actual Campión LNB. Máis e todo, foi ADRIANA quen finalmente conseguíu o Título, que por vez primeira vai para unha nena. A Categoría Infantil foi sempre territorio masculino, non obstante o incremento da participación de nenas está deixando ben claro que o sexo non determina as capacidades e destrezas para xogar á Billarda.

1º-ADRIANA – Valpaços Terra Quente – Vigo


2º-GENO – Corredoiras – Bueu


3º-JUANMA– Lúa de Forza – Sanxenxo

CATEGORÍA VARADOS

 

       En varados non hai máis que ver as actas. O único varado que se fixo foi o primeiro golpe da mañá, a partir dese golpe o universo conspirou para que ningunha billarda entrase no varal, pois houbo un par delas que chegaron a esa distancia pero por fóra do varal. Entón, o único trofeo que se entregou levouno Markytos, que cun golpe estratosférico impulsou a billarda a máis de 50 metros polo centro do varal. 

 1º-MARKYTOS– Billardeiros Musicais – Ribadeo

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome