XORNADAS FIN DE SEMANA RÍAS NOROESTE

0
90
      CONFERENCIA RÍAS BAIXAS
13 XORNADA BARRANTES 

        No pavillón de Barrantes celebrouse a xornada 13 da LNB RÍAS BAIXAS. A pesar da climatoloxía difícil para desenvolver a vida humana no exterior, a asistencia foi fantástica, pois 84 persoas de diferentes idades xuntáronse para divertirse, practicando unha modalidade deportiva que o permite. Ao ser un espazo reducido e no cal a temperatura e humidade eran importantes, provocou que, máis que nunca, a xente se xuntara e arrexuntara. Había que achegarse para manter a temperatura corporal. Nas fotos magníficas de Charri, queda confirmado este feito. Aínda con pouca luz, o mariñeiro fotógrafo de Bueu manexa con sabiduría os lentes, o diafragma e o obturador para inmortalizar, no arquivo de imaxes da LNB, uns corpos e unhas caras, por outra beira, mortais. 

       No aspecto competitivo salientar dous acontecementos. O primeiro foi a vitoria incontestable de Carolo. Despois da súa controvertida fichaxe polo equipo verde de Lúa de Forza, o palanador de Beluso non conseguira uns resultados á altura do seu talento, pero… xa era hora! foi a súa expresión ao ganar no desempate da final ao seu compañeiro de equipo, Juanma. Unha final magnífica, pois tanto Carolo coma Juanma fixeron varado na carreira final e tiveron que ir a o golpe de desempate. O segundo punto de interese foi a vitoria por equipos de Armadiña. A franquicia de Poio sobe por vez primeira ao máis alto do podio nesta Categoría. A dorna celeste xa puxera proa a este obxectivo na xornada anterior de Cotobade na que quedaran a un pasiño de tal fazaña. O equipo armadiño conseguiu en 16 meses subir ao máis alto dos podios nas Categorías Absoluta, Equipos e Infantil. Xa só lles resta conseguir esta proeza na Categoría Feminina. Non nos cabe dúbida que o conseguirá, tendo en conta a progresión de Elena Sabarís e de Ainhoa (infantil). 

PODIOS
CATEGORIA ABSOLUTA do EQUIPO
1 CAROLO LÚA DE FORZA SANXENXO
2 JUANMA LÚA DE FORZA SANXENXO
3 CRIS RINOCERONTE PONTEVEDRA
CATEGORÍA FEMININA do EQUIPO
1 ADRIANA VALPAÇOS TERRA QUENTE VIGO
2 LÚA DE FORZA SANXENXO
3 BEGO CORREDOIRAS BUEU
CATEGORÍA INFANTIL do EQUIPO
1 AINHOA ARMADIÑA POIO
2 XIÁN LÚA DE FORZA SANXENXO
3 OSCAR ARMADIÑA POIO
CATEGORÍA EQUIPOS
ARMADIÑA VIGO
LÚA DE FORZA SANXENXO
CORREDOIRAS BUEU

2º-JUANMA      1º-CAROLO      3º-CRIS

2ª-BEGO      1ª-ADRIANA       3ª-BELMIRA

2º-XIÁN      1ª-AINHOA      3º-OSCAR
        O equipo celesteiiiiiial de Poio dou un paso máis para facerse adulto. O seu corpo ten moito de infantil e feminino, polo tanto será un extraordinario equipo de billarda. Ganou na Categoría de Equipos e foi segundo na Categoría de Equipos Femininos, a só 2 puntos do líder Valpaços Terra Quente. Armadiña encara a recta final de campionato co obxectivo, agora utópico, de alcanzar a terceira praza que daría dereito a ser finalista LNB, pero toda irrealidade está na raizame de moitas fazañas épicas. Quen sabe? Segundo foi Lúa de Forza, terceiro Corredoiras. Valpaços foi cuarto e Gharaboto quinto. Sexto Rinoceronte e sétimo Laxe de Rons. Casilledín de Barrantes xogou por vez primeira esta temporada e foi oitavo. Noveno Andarela. 
       
     A clasificación xeral de Equipos continúa encabezada por Corredoiras. A 84 ptos do equipo de Bueu está Gharaboto, e cerrando o podio, Lúa de Forza, a 46 ptos do equipo de Marín. Estas prazas parece que serán definitivas, dado que xa levan moitas xornadas deste xeito e o único que sucedeu foi que as vantaxes entre eles foron aumentando. O cuarto posto conseguido por Armadiña na xornada pasada foi consolidado. Actualmente, a diferenza entre o equipo celeste e o de Rinoceronte é de 14 ptos. Seguirán loitando por esta cuarta praza os dous equipos veciños da Ría de Pontevedra. Despois, vén Valpaços que volveu superar a Laxe de Rons. O equipo de Vigo está por diante do do Grove en 17 ptos. Tamén, seguirán disputándose esta sexta posición. Andarela xa non cerra a cancela, debido á presenza de Casilledín nesta xornada de Barrantes. Como equipo local presentaron 3 xogador@s.
         Na Categoría de Equipos Femininos a xornada semellaba propicia para que Corredoiras seguise recortando distancia sobre Valpaços Terra Quente, mais o equipo de Vigo superou as baixas de xogadoras importantes e ganou a xornada cunha puntuación excelente. Estes resultados déronse pola grande actuación de Adriana e Belmira e a baixa actuación de Chefa, pois consideramos que 6 ptos son poucos para unha Campioa Nacional LNB. Gharaboto conserva a terceira posición e acercouse máis á segunda de Corredoiras. A distancia entre estes tres primeiros equipos é de 22 ptos, polo tanto, o título desta Categoría segue incerto. Armadiña foi segundo equipo na xornada, con tres palanadoras na decena de puntos, Ainhoa 14, Elena Sabarís, 11 e Rosana 10. Agora, está en perigo a cuarta posición que ocupa Lúa de Forza, xa que Armadiña situouse a unicamente 2 ptos do equipo verde. 

       

       Na Categoría Absoluta houbo varias puntuacións inusuais entre os primeiros clasificados. Deste xeito, Xan 4 ptos, Piru 6 ptos e Che 8 ptos foron os perxudicados da xornada en pavillón. A desastrosa actuación do líder foi aproveitada por Ricar 19 ptos, Salva 16 ptos e Bego 15 ptos para acercarse na xeral. Aínda están lonxe, mais recortáronlle moitos ptos. Agora a distancia é de 35 ptos entre o primeiro e o segundo. As excelentes puntuacións de Daniel 21 ptos e Juanma 22 ptos acércanos á loita polo podio. Manolo Fariña defendeu o seu posto DP (Dez Primeiros) e Ricardo Lois entrou de novo.
       Bego e Lu consolidaron as posicións. A xogadora de Corredoiras fai cálculos para saber cantas xornadas antes se proclamará campioa. A xogadora verde quere asegurar a segunda posición, pois sabe que en calquera momento a Campioa Nacional, Chefa obterá puntuacións elevadas, xa que sempre chega en gran momento de forma ás Finais LNB. Onde está a lea é na terceira praza. Esta xornada, Adriana recuperou sensacións e ganou esta Categoría. Así, distanciouse en 10 ptos das Elenas e acercouse a 9 ptos da última praza de podio ocupada por Chefa. Elena González defendeu a súa posición como puido ante o empuxe de Elena Sabarís. Agora están empatadas a ptos e só a difenza dunha puntuación máis alta mantén á de Gharaboto por diante. Todas elas teñen serias posibilidades de alcanzar o podio da Categoría. Veremos un xogo fabuloso nestas 5 xornadas que faltan, pois a irrupción da Elena de Armadiña doulle máis emoción a esta Categoría Feminina, sempre dominada polas 3 Campioas Nacionais que xogan na Conferencia Rías Baixas, Lu, Bego e Chefa e por Elena González. Tanto Adriana como Elena Sabarís son dúas palanadoras fenomenais e non sabemos se a súa marxe de mellora lles permitirá nun futuro loitar polo título da Conferencia con esas consagradas xogadoras.
      As posicións máis desexadas son as que dan dereito a participar na Final LNB 2018. Actualmente, estas prazas están nas puntuacións seguintes: Categoría Absoluta 140 ptos, Categoría Feminina 57 ptos. Como se aprecia na táboa de abaixo hai un puñado de xogadores e xogadoras que están moi perto de conseguir este soño, o de poder xogar pola Coroza Nacional. Pensamos que todos estes nomes de palanadores e palanadoras teñen, aínda, factible ese obxectivo.
       A necesidade de calor, o pouco espazo, a humidade, ou vai ti a saber o que, o certo é que en Barrantes víronse imaxes tenras onde o cariño, o afecto, o amor ou vai ti a saber o que, conseguiron unir a moitas parellas, tríos e grupos. Unhas persoas máis cerca e con cara de verdadeiro amor, outras persoas menos… pouco …. En definitiva, vós mesmas, vós mesmos, podedes valorar.

MANU e ELENA SABARÍS

ARMADIÑA

FRAN IRENE TAXEIRO

JUANMA ADRIANA

TRIKI PATRI

YU CARLOS CHARRI

AINHOA NEREA

BEGO TANIA

JM CAMIÑA ALFONSO

LU VANESSA

NENAS e NENOS

MÓNICA ELENA

MARGA SUSO MANOLO FARIÑA

CHELI LITA MOLDES

CHCHÍ RICARDO LOIS

NAIA BELMIRA MARÍA

PAPI DIEGO

NOE ANDRÉS

O REBENTA CALACÚS DE REXENXO O infatigable Xián



CONFERENCIA NOROESTE 
11 XORNADA LAXE

       A xornada prevista para xogarse sobre as areas da praia de Laxe houbo que disputala no pavillón da mesma localidade.  De todos os xeitos, as persoas da Costa da Morte non coñecen límites físicos nin meteorolóxicos que impidan as súas actividades cotiás. Entón, baixo a cuberta da instalación deportiva laxense, Xulio Ponte obtivo o triunfo, seguido de Lito e de Edu. Na Categoría Feminina Merche foi a primeira e na Infantil foi Miguel Cancela.
EDU LITO XULIO MERCHE MIGUEL CANCELA

CATEGORIA ABSOLUTA
do EQUIPO
1 XULIO CAMPO DA FEIRA PAIOSACO
2 LITO MALPICA MALPICA
3 EDU CAMPO DA FEIRA A LARACHA




CATEGORÍA FEMININA
do EQUIPO
1 MERCHE FILLOAS DE SANGUE A CORUÑA

AURELIA CAMPO DA FEIRA PAIOSACO
2 CRUZ CAMPO DA FEIRA PAIOSACO




CATEGORÍA INFANTIL
do EQUIPO
1 MIGUEL CANCELA CAMPO DA FEIRA PAIOSACO
2 CARMELA MALPICA MALPICA





CATEGORÍA EQUIPOS do EQUIPO

1 CAMPO DA FEIRA PAIOSACO

2 APB SANTA MARTA A LARACHA

3 MALPICA MALPICA
      A xornada foi dominada por Xulio Ponte e os seus varados, fixo 5. As pistas rápidas son unha ocasión perfecta para as sorpresas, mais desta vez non sucederon. Xa que subiron ao podio xogadores que están entre os DP (Dez Primeiros) da Conferencia. En equipos nada diferente baixo o tellado metálico do pavillón de Laxe. Unha xornada máis e matematicamente Campo da Feira pode ser campión. As prazas de Final LNB están moi dedicidas desde hai tempo. APB e os do Campo serán os representantes na Final. Malpica tivo unha xornada moi boa coa chegada de Eloy, un novo xogador. Filloas van lentos, pero seguros e a autocaravana de Cochikeiros foi freada por Félix e non dou chegado á Costa da Morte.
     A Categoría Absoluta entra na recta final. Coas magníficas puntuacións de Apóstolo 22 ptos e Julio Vilas 21 ptos, a cousa empeza a ferver. Agora estes dous palanadores de APB están cerca dos postos de Finalista e Andrade meteuse en dificultades coa súa mala puntuación de 11 ptos. O título está máis que decidido a favor de Collazo. As prazas de podio agora teñen tres candidatos, pois aos Gándara e Edu sumóuselles Xulio Ponte. Será cousa dun trío. Roi, Dilan, Lito e Juan Carlos non deben descoidarse.

Gándara na posición de Palanador. Igual que o gran escultor Rodin deseñou a posición do Pensador e xa forma parte da memoria colectiva da humanidade, o noso gran escultor da madeira, Gandara, inmortaliza a posición de Palanador que tan ben representa despois nos seus traballos artesanais.

Técnicos da LNB comprobando se a altura do pavillón era a regulamentaria

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome