PARTICIPACIÓN

0
125

      A 11 de abril de 2018 os números de participación na mellor liga de billarda do mundo son estes. Estes números correspóndense a xogadores e xogadoras que pertencen a cada unha das tres Conferencias LNB. Aquelas persoas que xogaron en diferentes conferencias só se contabilizan na súa Conferencia de orixe. 

    Na temporada 13 da LNB (se contamos os dous primeiros anos nos que só se xogaba no Norleste) o número de xogador@s está por enriba dos 300. Algo que se repite desde a temporada 2015-2016 cando o número de Conferencias se reduciu a 3. Desde o ano 2009 ata o 2015 houbo sempre máis de 3 Conferencias, chegando a haber 6 como máximo. Entón, podemos afirmar que estamos por enriba do teito que pode soportar a actual loxística LNB, xa que se todos e todas as xogadoras acudiran a todas as xornadas habería que adaptar os sistemas de competición para dar acubillo a tanto palanador e palanadora. Daquela, extraordinario traballo de difusión polo territorio galego deste deporte tradicional marabilloso. 
As características da nosa climatoloxía fortalece as ansias deste grupo irredutible de bravos galegos e galegas 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome