PARTICIPACIÓN da FIN DE SEMANA

1
162
DATOS DE PARTICIPACIÓN

Na CONCEN houbo unha participación de 40 persoas 30 homes 10 mulleres

Na CONSAL houbo unha participación de 32 persoas 25 homes 7 mulleres

Na CONNOR houbo unha participación de 27 persoas 22 homes 5 mulleres

CONCEN incorporáronse ao universo LNB 2 novoS xogadores: Odilo de BATEAS e Juan Piñeiro de SAN MATEO.

CONSAL incorporáronse ao universo LNB 6 novos xogadores: Cristina e Lolo de DORRÓN. Ana Tacón, de A ESMORGA. Pablo, Fernando e Ares de ANDARELA.

CONNOR incorporáronse ao universo LNB 1 novo xogador: Xavi de FILLOAS.

En definitiva, xa somos 299, 232 homes e 67 mulleres que practicamos a billarda en todo o país baixo o paraugas da LNB (cando non xogamos en pavillón).

Damos a benvida a estas 9 persoas. E dicímoslles ata a próxima xornada, convencidos, convencidas, que se desfrutaron tanto como nós o facemos volverán.

1 COMMENT

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome