Home Blog Páxina 3
A praza da igualdade de Río foi escenario doutro magnífico torneo de billarda. 32 participantes distribuídos en 4 grupos de 8 xogador@s. Sobre a pista mixta, cemento e terra, dous estilos de xogar billarda enfrontados. A asombrosa forza da Marea Verde de Manzaneda, con xogadoras e xogadores de brazos longos e golpes estratosféricos, contra a fina esgrima de San...
Rematou o Aberto de Manzaneda e xa temos a semana chea de novos torneos na provincia de Ourense, onde se centra a actividade billardeira de agosto. Mañá será en Allariz coa celebración do histórico e decano dos torneos de billarda do país, pois, segundo recolle Lito Prado, do CCP XAQUÍN LORENZO, na súa proposta pedagóxica: A Billarda, este torneo...
Na final a catro da xornada de Soutomaior apareceu un Ciclón e os tres finalistas de Gharaboto non aguantaron en pé tanto vento. En fin, Gharaboto ganou a xornada por equipos e puxo a tres xogadores na final, Piru, Álvaro e Hugo. Mais, non foi suficiente para ganar tamén a categoría individual, pois encontráronse co Ciclón... de Moscoso. O Che...
  Tarde de canícula en Arcade onde a herba artificial puxo atrancos que non impediron que se vira unha das mellores finais da temporada, na cal 3 dos 4 finalistas entraron en 2 golpes e tiveron que ir ao golpe de desempate. Neste desempate, o Ciclón de Moscoso deu un golpe...
Fin de semana intenso de billarda no Sur do país. O sábado 8 agosto disputarase a xornada 17 e penultima da LNB RIB en Soutomaior. Pode quedar decidido o único título que ainda falta por definir, o de Campión de Conferencia 2019-2020 na súa Categoría Individual Absoluta, na que RICAR foi líder sólido desde o comezo de temporada. O...
Xa está aquí o cartel da xornada 17 na LNB RÍAS BAIXAS. Será en terra de Pedro de Soutomaior e voarán as billardas como antes voaban os fouciños sobre as terras irmandiñas. Ben, no campo de fútbol de herba artificial de Salgueirón loitarán palanadoras e palanadores para dar sentido e dirección (o varal) a uns paus que perderon o...
A etapa postpandemia está sendo moi favorable para algunha xogadora e algún xogador que en condicións normais, antes do SARS COV 2, pois, pasaban máis desapercibidos. Estamos falando de María Caride e Charri. Moitas persoas pregúntanse, e algunha delas respóndese de seguido, Charri está tomando algunha substancia que mellora a visión e tonifica a musculatura máis do permitido a...
Salcedo sentenciou ďe maneira realista o título de Equipos e o Feminino, ainda que non matemático. O título Infantil xa ten dono, Hugo de Gharaboto, e o Absoluto queda para a penúltima xornada do vindeiro sábado en Soutomaior, pois cunha vantaxe de Ricar sobre Piru de 23 ptos, o xogador de Corredoiras pode sentenciar o titulo. Piru ganou a xornada,...
Xa temos o cartel da vindeira xornada LNB RÍAS BAIXAS, que será a xornada 16 e antepenúltima. Celebrarase en Salcedo, Pontevedra, no campo de fútbol. Ben, o centro de atención informativa segue en Corredoiras. A semana pasada coñeciamos que varios dos seus mellores xogadores e xogadoras estaban desaparecidos. Agora, temos imaxes que axudan a explicar parte destes sucesos paranormais. ...
Suso entra no olimpo dos ganadores de xornada LNB. O palanador de Salcedo debutou na LNB o 24 de novembro de 2012, na xornada sexta da Conferencia Rías Baixas disputada no pavillón da Florida, Sanxenxo. Desde esa data, Jesús Rosales xogou máis de 100 xornadas LNB. Pois ben, a pesar de ser un dos xogadores que disputa finais LNB...