Home Blog Páxina 2
A LNB ten xornadas esta fin de semana. O sábado, na Conferencia Rías Baixas, xogarase a segunda xornada en Sanxenxo e o domingo en Eirís, A Coruña, estrearase a LNB Noroeste. Sempre que ALEX non o impida. Esta temporada decidiuse non xogar en espazos cerrados e cubertos, polo tanto cando non se poida xogar en exterior porque o tempo...
A inauguración do campo de billarda de Sanxenxo ten que esperar ata a vindeira fin de semana, se o tempo o permite. A xornada que se ía disputar o sábado 26 de setembro adiouse ata o sábado 3 de outubro. Polo tanto, unha semana máis Charri segue de líder. Non obstante, este magnífico palanador está sufrindo unha campaña de acoso...
O vindeiro sábado 26 setembro será un día lembrado na historia da máis nova das Conferencias LNB. Un 2 de outubro de 2011 naceu esta aventura coa saudable intención de recuperar a práctica da billarda nas Comarcas das Rías Baixas. Ben, 9 anos despois podemos dicir que naquela primeira xornada houbo 21 participantes dos cales 5 eran mulleres e...
Xa pasaron dous días e os ecos do liderado de Charri seguen producindo noticias. En Beluso non se fala doutra cousa que non sexa o do liderado do Mexicano. Por vez primeira na súa carreira deportiva, Charri saborea o elixir da gloria e faino en vaso de tubo. Na foto de abaixo vémolo diante da súa casa saudando a...
As billardas voar voaron e Charri confirmou os prognósticos que o situaban como o xogador máis en forma despois de levantarse o estado de alarma. Por outra beira, Juanchi, o Bruce de Pontesampaio, por fin, acadou a súa primeira vitoria LNB. A temperatura na sauna de Salcedo fixo que o rendemento de moitas xogadoras e moitos estivera por debaixo do...
Comeza a temporada 2020-2021 e non son poucas as novidades. A Conferencia Rías Baixas é a primeira en botar a andar. Ademais de cumprir o Protocolo elaborado para xogar cunhas medidas de prevención do contaxio da COVID, esta temporada só se xogará en exterior. O Calendario está planificado ata fin de ano, momento no cal se planificará o resto de...
"Verde que te quero verde, verdes prados, verde monte... e en Bueu, Verde Ponte." Ricar Verde conseguíu o seu segunto título LNB RÍAS BAIXAS e Óscar Ponte entrou no Alboio da Fama da LNB como primeiro palanador Noroeste que vence nunha xornada das Rías Baixas. Unha tarde espléndida de sol e nubes e un ambiente magnífico de billarda, adrenalida, serotonina...
A Estacada será o escenario no que rematará esta temporada de billarda que durou exactamente 12 meses menos dous día. Comezara o 31 agosto de 2019 no Grove e vai rematar o 29 de agosto de 2020. Iniciouse a liga no concello do Salnés situado máis ao norte da Ría de Pontevedra  e rematarase en Bueu, na beira sur...
A disputa da última xornada de liga xa é por si mesmo un acontecemento espléndido, tendo en conta as dificultades doutros deportes para poder organizarse. Ben, pois esta última xornada está marcada por un feito extraordinario, o equipo de billarda Corredoiras fíxo un movemento no mercado de fichaxes que deixa nun terceiro ou cuarto lugar a fichaxe de Añón...
Por fin comeza a moverse o mercado de fichaxes para a temporada 2020-2021. Ademais, esta nova pode conmocionar a LNB NOR, pois trátase dun movemento mestre por parte de APB. O equipo hemorráxico quere encontrar a maneira de acabar co dominio de Campo da Feira. Despois da experiencia dos últimos anos coas fichaxes de Cotelo (2018) e Riveiro (2019),...