ÓSCAR paséase por debaixo da Ponte e APB supera a MAC na xeral

0
182

FEI gana a xornada de Boedo. Óscar Ponte repite vitoria. Lu gana en féminas e Abel Ponte en categoría infantil.

 

O campo mixto, asfalto-terra-herballa causou serias dificultades para acadar ptos. Así, a maior puntuación foi 19 ptos, que compartiron Óscar, Berdi e Roi. O podio tivo unha única cor, a de Campo da Feira. Óscar Ponte aproveitou que a pista de Boedo está situada baixo a Ponte que forma a autovía ao seu paso por este lugar de Culleredo e foi letal nos momentos importantes. Está nun estado de forma apoteósica. O de Arteixo rende mellor en verán.

 

A rivalidade entre os dous equipos da Laracha, APB e FEI volveu a inclinarse cara ao equipo paisaquense. Non obstante, o gran beneficiado da xornada foi APB que asaltou o segundo posto da xeral, posto que dá praza para a FinaLNB 2020.

 

MAC salvou daquela maneira a ausencia dos MATO que están desaparecidos desde o parón polo estado de alarma. O sheriff Pena xa lanzou a orde internacional para localizalos. Sospeita que fuxiran ao mesmo lugar que fixeran a temporada pasada os cochicas, Berdi e Viqueira.

 

 

Filloas completou o relevo xeracional e Gándara impúxolle a camiseta a Landras. Por fin, despois de 3 meses de bolseiro conseguíu en propiedade a equipación. Parabéns, Anacoreta de Seixas.

 

Así quedan as clasificacións, a lume de Viqueira… e de Berdillo.

 

O propietario é único accionista da franquicia de APB trasladou a súa residencia e lugar de operacións loxísticas a unha caseta móbil. A súa idea é levar esta caseta de campo en campo, dous días antes para concentrar ao equipo. “Xogámonos a pervivencia económica do equipo”, afirmou o rei das Vilas. “Temos que clasificarnos para a FinaLNB 2020 para cadrar números e poder facer fronte ás facturas. Só en madeira superamos os 200 euros semanais”.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome