MENSAXES de resposta da LNB NORLESTE

0
97
        O vídeo de Edu desatou as hostilidades. Desde a fronteira este do Eo chegou este vídeo do Mago de Castropol. Un estilo ben diferente de mensaxe. Fronte a fortaleza e empuxe do Neptuno Atlántico a serenidade e precisión nas verbas do troiteiro fronteirizo. 

        Deberedes visionar de novo o documento para captar as mensaxes subliminais que manda o Mago. Desde os libros bélicos que aparecen no lado dereito do plano, ata a mosca que se pousa no seu ombreiro esquerdo, todo transmite a calma de quen está seguro dos seus poderes máxicos e da súa variña… Conquistará Santiago?

       

       Semella que o vídeo de Navallo preocupa no Noroeste, pois, unha vez que lles chegou unha filtración de dita mensaxe, non tardaron nada en replicar desde APB. O equipo da Laracha botou man da alquimia galega para preparar a conquista de Compostela, sen variña, mais con cañiña de augardente.


        E a cousa non quedou aquí. Minutos despois chegounos o retruque de Troitas na voz de Sachas, o filósofo poeta de Riotorto. Con ironía socrática vai debullando o fluír da auga e da vida. Despois, empeza a divagar e, finalmente, atrévese cunha predición orácular… Campión Nacional será…   

   

    E que pasa coas Rías Baixas? Non queren mostrar as súas debilidades? Non vos preocupedes. O Coroceiro prometeu emitir a súa mensaxe conciliadora o día de mañá, venres. Estaremos atentas e atentos a esas sabias palabras que manexa coma ningún outro Coroceiro anterior, Che, o Rinoceronte con alma de Lúa. 






      Mentres tanto as franquicias LNB xa confirmaron os seus equipos titulares para a FinaLNB. Pensamos que as modificacións tácticas de última hora de Billardeiros Musicais e de Campo da Feira fan deles os máximos favoritos para o Título, pois consideramos os grupos 5 e 6 claves para o triunfo final. O razonamento é simple, aínda que suxeito a conxeturas diversas. O nivel d@s xogador@s dos primeiros 4 grupos vai facer que en 4 golpes entren a maioría dos 8 participantes, co cal a diferenza de ptos entre eles vai ser mínima (co novo sistema de puntuación que se aplicará este ano). Pola contra, e sempre na teoría, o nivel menor de xogo de xogadoras e xogadores dos dous últimos grupos vai facer que en 4 golpes haxa vari@s que non entren e se queden con 0 ptos. Daquela, é máis probable que a diferenza de ptos entre estes sexa maior. Entón, aquí aparece a variable diferenciadora de FEI e BMU. O equipo de Paiosaco conta neste grupo con Óscar Ponte, un grandioso xogador que non está no podio da Conferencia Noroeste porque faltou a 5 xornadas. Ou sexa, foi xogar 13 xornadas e ganou 4 delas. Pola súa conta, o equipo de Ribadeo aliñará a Davide, quen non participou esta temporada, pero que ten sona de preciso e seguro palanador. Este dato non o temos confirmado con imaxes, entón deixaremos a BMU nun segundo chanzo de favoritismo, por detrás do equipo de Paiosaco. Carabullo está ao nivel deses dous equipos, xa que logo, estes tres son os grandes favoritos. Despois, virían Corredoiras, Troitas, Bravas e Lúa de Forza e Gharaboto no segundo grupo de equipos con posibilidades, e finalmente, estaría APB. Esta estimación está baseada en datos estatísticos dos últimos anos, aínda que no caso de COR houbo que considerar as dúas baixas importantisimas que teñen, Bego e Fari, para baixar a un segundo plano de protagonismo ao equipo de Bueu. Así e todo, a billarda é un deporte moi propicio para as sorpresas. 


    Resumindo, a Pitonisa afirma que son…


-Equipos Favoritos….. CAMPO DA FEIRA-BILLARDEIROS MUSICAIS-CARABULLO
-Equipos probables sorpresas… TROITAS BRAVAS-CORREDOIRAS-LÚA DE FORZA-GHARABOTO
-Equipos Milagres inconcebibles…… APB SANTA MARTA




     Agora ben, quen crea nas súas dotes para a adivinación xa o demostrará o domingo apostando na QUINILLARDA.










      Outra cousa, o sorteo de grupos na Categoría Absoluta podería ser caprichoso e deixarnos un grupo con… CHARLY, CHOUSA, CHARRI, CHICHO, CHEFA, CHE e CHO… sería fantástico!

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome