0
83
O sábado 16 de maio, organizado polos bares locais, vaise celebrar na carballeira de Barrantes un Festival de Rock en galego con actividades típicas da nosa cultura, para celebrar o día da nosa literatura: o día das Letras Galegas.
De 16:00 a 20:00 Aberto de billarda, no alto da carballeira (campo de terra). En caso de chover moito, está pedido o pavillón.
Dende a organización informan que mentres se instalan equipos e ultiman detalles de son para os concertos da noite, van ter a cantina aberta con barra libre para todo o que vaia xogar á billarda (ata as 20:00).
De 20:00 a 22:00 tamen invitan a todolos xogadores de billarda a merendar (pagando as bebidas). E si algún sabe tocar a gaita e se anima, poderá disfrutar de 2 horas a maiores de barra libre igual que o resto de gaiteiros.
Pode xogar todo aquel que queira e se presente no alto da carballeira antes das 16:00, vaise dispoñer de material para prestar. (Sempre hai unha primeira vez para todo).

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome