2
206
O pasado sábado 15 xuño celebrouse en Compostela unha xuntanza de persoas da LNB para tratar algúns temas de interese para o futuro do deporte da Billarda. Aquí está a acta de tal reunión.
REUNIÓN-XUNTANZA
LNB
15 XUÑO 2013
COMPOSTELA
ORDE
DO DÍA
Aspectos competitivos e de regulamentación:
1.   
Número de xogadores por equipo.
2.   
Adscripción individual e de equipos
por conferencia.
3.   
Sistemas de competición: (xuíces
para as xornadas e tempo real das mesmas).
4.   
Calendario das conferencias e dos
ABERTOS HISTÓRICOS: ALL STARS-XERRO-PLAY OFF FINAL.
5.   
Unificación e divulgación do
regulamento (medidas dos campos e implementos, etc.).
6.   
Play off: Final de varados.
Categoría Feminina. Categoría infantil.
-Aspectos
estratéxicos da LNB
1.      Divulgación
nos medios de comunicación das actividades da LNB.
2.      Introdución
da billarda nos centros educativos.
3.      Creación
de novas conferencias.
-Outros temas.

ASPECTOS COMPETITIVOS E DE REGULAMENTACIÓN
1.     
Nº XOGADORES POR EQUIPO
Había dúas posicións en canto ao
nº de xogadores/as que cada equipo pode presentar a competir con posibilidade
de puntuar. A primeira (CEN-NOR-SUR) é que non haxa límite de xogadores/as por
equipo. A outra posición di que cada equipo presente un nº determinado (poden
ser 8, como se fai en algunha coferencia NOR-NOL ou establecer outro nº).
Dentro desta segunda posibilidade hai unha alternativa que é que cada equipo
poida presentar aos que queira, mais que escolla aqueles 8 (ou o nº que se decida)
que son os que terán posibilidade de puntuar para o equipo. Sempre respectando
que as 4 mellores puntuacións de cada equipo serán as que se sumen.
2.     
ADSCRICIÓN POR CONFERENCIA
Todos os representantes estaban
de acordo en que cada conferencia teña adscritos aos seus palanadores e
palanadoras e aos seus equipos. Estes serán os que os representen no PLAY OFF
NACIONAL. Xogadores/as e equipos dunha conferencia poderán xogar en calquera
outra e computarán para esa clasificación, pero só poderán clasificarse para o
PLAY OFF en calquera das súas categorías pola conferencia á que pertencen.
Dentro desta unanimidade había dúas alternativas para facer esta adscrición:
facela na primeira xornada na que se participe ou facela nunha data determinada
que se estableza (por exemplo, en decembro, ou na 4 xornada, ou antes das 3
últimas, etc.). A modo de alternativa, comentouse que dun mesmo equipo puidese
haber xogadores/as que poidesen clasificarse pola individual, femenina e
varados nunha conferencia diferente á que estivese adscrito o equipo ao que
pertence.
3.     
XUÍCES
Propúxose que cada equipo cando
inscriba aos seus participantes diga que 2 ou 3 persoas poden facer de xuíces,
deste xeito compartiríase esta función tan importante. Ao mesmo tempo,
considerouse que debería sempre haber un xuíz de campo e un xuíz de varal.
4.     
ALL STARS-XERRO-PLAY OFF.
Debatimos sobre como facer para
que ao ALL STARS vaian representantes de todas as conferencias, pois este
último ano foron representantes basicamente do lugar e da conferencia onde se
celebrou. Houbo opinións que dicían de disputalo nun lugar céntrico, outras de
levalo a lugares onde a LNB non teña presenza. Tamén se barallou a posibilidade
de que o ALL STARS otorgue algunha praza para o PLAY OFF. En definitiva,
estabamos de acordo en que hai que potenciar este evento. Finalmente, Serxio
propuxo Carballo como lugar para o ALL STARS 2014. En canto ao PLAY OFF, Mario
falou da posibilidade de disputalo en LESTEDO. Comentamos que sería adecuado
ter ao comeza da temporada as datas destes eventos cerradas.
5.     
DIVULGACIÓN DO REGULAMENTO. Como algunhas
persoas das que participan na LNB descoñecen que hai un regulamento escrito e
publicado, por que non darlle unha difusión intensa ao principio da temporada
(publicación nos blogs) recalcando que hai un regulamento escrito. Diferenciar
o sistema de competición que varia segundo a conferencia do regulamento que
debe ser unificado para a LNB.
6.     
PLAY OFF NACIONAL. Propúxose que o número de
postos para as finais sexa proporcional ao número de participantes nos abertos
da Conferencia, (para “estimular” a participación en cada xornada en
conferencias con pouca participación, por exemplo), ben segundo participantes
da última tempada ou segundo media de participantes nesta vindeira tempada. O
que podería facerse asignando un nº de postos fixos por conferencia mais un nº
de postos variables ao final da tempada das conferencias segundo participantes.
Falamos sobre a posibilidade de
disputar unha única categoría individual sen diferenciación de sexos. Algúns dicían
que debería manterse a categoría feminina como está e outros engadían un matiz,
que sería que aquela muller que estea clasificada para disputar a individual
absoluta e a feminina escolla en cal das dúas participar. Finalmente acordouse
que en cada conferencia opinen tamén as mulleres para coñecer o seu pensamento
sobre este tema. Propúxose a creación da categoría infantil para o próximo PLAY
OFF. Tamén se comentou que a final de varados se dispute a 5 golpes (este ano
fíxose a 10).
Un saúdo
ASPECTOS ESTRATÉXICOS
    LNB
E MEDIOS. Argumentouse que sería fantástico introducir nos medios de
comunicación de xeito regular novas da LNB (resultados, participación). Como
facelo? Que unha comisión se encargue de elaborar e transmitir a información
despois de cada xornada de liga. Todas as conferencias e no maior número de
medios. Como crear esta comisión? Unha persoa de cada conferencia que se
encargue da crónica e dos datos de cada xornada. Que alguén da LNB se encargue
de facer un listado de contactos nos medios.
     LNB
NA ESCOLA. Estanse levando a cabo actividades nos centros educativos que
pensamos son clave para o futuro da LNB. Continuar con estas actividades e
fortalecelas.
     EXPANSIÓN
DA LNB. A creación dunha conferencia en Ourense é posible, entón debemos estimular
a esas persoas que poden levar a cabo o proxecto. Quedamos en falar con algunha
asociación de Ourense e cos da chave de Ourense para impulsalos a inicar a
grande aventura da LNB.
            Todo o que se debatiu sirve para crear vieiros por onde
camiñar cara á consolidar e fortalecer a  
LNB. Agora cada conferencia debe debatir internamente estes temas e
tomar decisións. Hai decisións consensuadas como o da adscrición a unha única
conferencia e outras que terán que ser debatidas máis a fondo, primeiro nas
conferencias e despois por toda a LNB nunha nova xuntanza.
            O primeiro que se falou antes de iniciar a xuntanza foi
que deberiamos buscar un método de elección de representantes en cada
conferencia para que na próxima xuntanza, reunión ou asemblea da LNB estean uns
representantes elexidos democraticamente. Esta recomendación foi compartida por
todos os presentes.
Asistentes:
CONNOR Berdillo                                                   CONCEN
Toño, Mario
CONSUR Serxio, Outeiro,
Carolo                           CONRIA
Xan, Luís Camiña

2 COMMENTS

  1. Ola,

    non estaría mal imprimir o regulamento,
    polo menos facer unha copia para cada equipo,

    e como todo custa eu non vería mal que cada equipo puxese unha cantidade de cartos, estou a falar de pouca cantidade sobre uns 15€ ao ano para poder facer algún pequenos gastos como o de imprimir algúns exemplares do regulamento e tamén para trofeos e cousas varias

    • Cada conferencia ten un funcionamento organizativo propio. Así, cada conferencia informa a través dun blog de seu de todo o que considera importante para as persoas que compiten e para outras que poidan competir. En cada conferencia utilízase un sistema de competición adaptado ao número de participantes, aos campos de xogo dos que dispoñan e ao tempo de duración da xornada. Ao mesmo tempo, en cada conferencia establecen o número de premios que se entregan e as categorías premiadas. En definitiva, antes do comezo da temporada planifícase toda a loxística e demais aspectos. Entón, como somos humanos e todo é posible facelo doutro xeito diferente a como se está facendo… hai que reunirse e falar sobre estes aspectos aos que ti te refires e outros. Xan.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome