O MUNDIAL DE FÚTBOL NON PODE COA LNB

0
145
        Estamos no ano 2018. Toda a Terra está ocupada polas tropas informativas do mundial de fútbol de Rusia… Toda? Non! Unha aldea poboada por irreductibles galaic@s resiste, aínda e como sempre, ao invasor.

     Os primeiros resultados do mundial de fútbol traen consigo os nomes dos heroes do deporte mundial e, tamén, establecen as grandes decepcións e fracasos. Este evento atrae a atención da maior parte do mundo audiovisual e de redes sociais. Mais, a LNB resiste este empuxe e ocupa as fins de semana de xuño e xullo con abertos de billarda por todos os currunchos do país. Aquí temos as primeiras fotos e resultados deste deporte marabilloso da billarda. Resistiremos  !!!
        
   

        O TAB da Filloa de Muimenta estivo programado no X Encontro de Xogos Tradicionais que organiza XOTRAMU. Un lugar e un espazo para os xogos populares e tradicionais ao que acuden moitas nenas e nenos. Oportunidade magnífica para que vexan que se segue xogando billarda en Galicia. Ademais, Daniel Rodríguez (Billardeiros Musicais) participou con outras persoas que traballan no mundo da docencia e dos xogos tradicionais, nunha mesa de debate sobre a situación actual deste tipo de xogos. O obxectivo principal de recuperar a práctica da billarda, que se propuxera A.D.C. O Varal cando creou a  LNB, está cumprido. 
         O éxito deste proxecto chamado LNB está na súa perfecta adaptación a un xeito de entender o deporte de competición moderno e dinámico. Eliminouse o perigo da maneira tradicional de xogar e creouse un sistema de competición regular moi atractivo e que se pode desenvolver en calquera superficie. Ao ocupar 9 meses, a competición debía poder continuar incluso nos meses de inverno, cousa que se conseguíu ao xogarse en pavillóns. 
       Outro Aberto histórico é o que se celebrou en San Miguel de Reinante. O año Mouro é o único aberto que se xoga na modalidade de equipos. Catro equipos da Conferencia Norleste competiron sobre a herba das Valgas. O equipo ganador foi Billardeiros musicais e o ganador individual foi Daniel Rodríguez. 

        No Noroeste tamén tiveron Aberto de billarda, neste caso foi en Coiro, A Laracha. Ganou Roi Rey, segundo foi Viqueira e terceiro Añón. En feminina, Mariña foi a ganadora.


       Os vindeiros abertos programados son os de Poio e A Laracha. 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome