O domingo 2 febreiro a LNB NOL celebrará a 11 edición do Aberto do Lacón… a pesar da diverxencia en canto ao premio que se entregará

0
540

Xa temos o vídeo que pode desestabilizar o equilibrio nutricional das palanadoras da LNB. Sábese que a alimentación é fundamental para calquera ser humano e tamén para toda deportista. Pois ben, ata o de agora ninguén se atrevera a reflexionar sobre os valores nutritivos das dietas de xogadoras e xogadores de billarda. Alguén tiña que ser e foi a Plataforma LNB Vegana. Será este día un antes e un despois no mundo da billarda? Verémolo. Antes, aquí queda o audiovisual polémico, didáctico, transgresor, iconoclasta e rural.

 

BIGAL non se responsabiliza das opinións contidas neste audiovisual de Landras, o Anacoreta Norteño, afamado apóstata do sistema de xogo que instaurou a LNB e célebre seguidor do Charrancanismo (defensa incondicional do sistema de xogo tradicional da billarda que se practicaba na Terra de Melide).

 

De todos os xeitos, confírmannos desde ACD O Varal que a xornada vaise desenvolver con todas as garantías. Ademais, un ano máis, coa colaboración da Asociación Eme de Meira, o Aberto do Lacón de Meira será outra oportunidade para lembrar ao noso compañeiro Xosé da Flor.