O Coroceiro dá o discurso de Nadal e Regueiro consigue o liderado

0
538

 

O Coroceiro Nacional aproveitou que na casa para dar o discurso de Nadal e fíxoo a golpe de billarda. Daniel ganou no pavillón de  Reinante. Segundo foi Albino de Carabullo e terceiro Basilio de Billardeiros.

Na categoria feminina ganou Geni,  segunda Paula, cos mesmos ptos que Vivi, as dúas de Chaínzos-Cadaval.

Na categoría infantil o mellor foi Martin, seguido de Marcos, os dous de Troitas e terceira foi Aroa de Billardeiros.

Billardeiros ganou cun pto de vantaxe sobre Troitas, 5 sobre Carabullo e sobre Chaínzos-Cadaval. Os catro grandes equipos da LNB NOL non dan tregua e a xeral queda máis cerrada se cadra. Desde logo, non hai Conferencia tan competitiva en canto á categoría de equipos. Realmente, destes 4 equipos calquera ten suficiente potencial como para alcanzar o título, o cal significa que un deles vai quedar fóra das prazas de finalista.

Boa actuación de Remourelle Bulls, a pesar da actuación mediocre de Muri, que con este horario matutino non dá feito as Acuarelas do marcador ata minutos antes do comezo co conseguinte desgaste visual e de discos vertebrais. “Así non hai maneira”, afirmaba o Da Vinci de Tapia. Magníficas puntuacións de Madia Leva e Castiñeiro Milenario. Os dous equipos conseguiron a sua mellor puntuación da temporada. Billarda Verde acudiu con só 3 xogadores e defendeu con honor e ptos a dignidade do castro verde.

Agora a xeral de equipos queda a lume de carozo.

 

Aquí tendes a acuarela que lle custou non chegar aos 10 ptos a Muri. O bo do Bull non puido acudir a purificar a súa alma ao templo sagrado por rematar a tempo a obra de arte, cousa que notou sobre o cemento do pavillón.

Sachas non se cre o liderado de Regueiro

 

Así quedan as clasificacións xerais.

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome