NOVA XORNADA LNB NOROESTE Cabana de Bergantiños

0
491

Xogadoras e xogadores de billarda esperan con entusiasmo unha nova ocasión para xuntarse e compartir un tempo de xogo e diversión. Desta vez a LNB Noroeste programou no seu calendario un escenario novo. Deste xeito, por vez primeira a billarda LNB chega a Cabana de Bergantiños. Un paso máis na provincia da Coruña para dar a coñecer este deporte marabilloso. Se A Coruña foi o berce no que naceu e se criou esta criatura marabillosa, a Comarca de Bergantiños está sendo a eira na cal esta moza está alcanzando a puberdade.

 

A fortaleza desta formidable aventura está na musculatura colectiva. Así, onte mércores, a ACD Billarda de Toxo (músculo asociativo da LNB Noroeste) tivo presenza no programa de Radio InterCoruña: Nos sobran los motivos, o cal estivo adicado aos xogos tradicionais e populares. Nesta ocasión estiveron representantes de Petanca (Rafael Cobo e Carlos Martínez), Chave (Fernando Pérez e José Luís Regueira), Bolos Celta (Anxo Eiriz) e Billarda, ademais de Paco Veiga (Asociación Galega do Xogo Tradicional e Popular). No caso do Deporte Nacional Galego, acudiron a esta cita, Lois Fontán (Filloas de Sangue, 2007), como un dos pioneiros da creación da LNB NOROESTE (2007) e Carmela (Malpica-Cochiqueiros, 2017), como representante desa xeración XXI que con tanta ilusión e alegría chega cada fin de semana á LNB.

Aproveitamos esta información para achegarvos os datos estatísticos de participación despois deste primeiro mes de setembro de competición.

Esta gráfica de arriba, mostra a comparativa da participación en relación ás temporadas pasadas. Certo que as cifras de 2019-2020 son de 4 xor LNB RÍAS, 2 xor LNB NOL e 2 xor NOR, mais serven para analizar a tendencia. Así, a participación media da LNB (189) é superior a de temporadas pasadas. De todos os xeitos, para confirmar esta tendencia positiva hai que manter esta media ata final de temporada.

 

 

A tendencia á alza, apuntada polos datos das primeiras xornadas está afianzada nas conferencia NOL e NOR que mostran un incremento importante na participación. A LNB RÍAS manifesta un lixeiro enfriamento, sempre dentro das cifras máis altas de participación dunha Conferencia LNB. En fin, estamos comezando a temporada e estes números falan do presente brillante da práctica deportiva da billarda no país. Adiante co varal, Billarda sempre!

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome