NOVA SECCIÓN

0
240

Difundir información sobre a billarda.
Se este é un dos obxectivos de TodoLNB, outro é facer o posible para dar visibilidade a calquera acontecemento onde se xogue á billarda. Para esta nova sección pedimos a axuda de todas e todos os que estades implicados na LNB. En TORNEOS HISTÓRICOS queremos ter os resultados de todos eses torneos que se celebran fóra da organización das Conferencias, pero que contribúen igualmente a dar a coñecer este xogo…, este deporte do século XXI.
Por favor, compañeiros e compañeiras das distintas conferencias enviádenos toda a información que teñades sobre os torneos de verán, Copa Cantábrica, Torneo Interparroquial, Xerro do Salnés, Todo estrelas LNB (All Stars), Cunca Xíbara… e moitos máis que agora non imos escribir, para que vós o fagades. Calquera torneo é digno de quedar inmortalizado na rede. Grazas.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome