NORLESTE análise

0
128

   

       A clasificación de equipos despois de 3 xornadas está demasiado igualada nos catro primeiros postos como para asegurar nada. Os Billardeiros Musicais levan 8 títulos de Conferencia nas 10 temporadas que levan como equipo de billarda, polo tanto, son claros favoritos, mais os equipos da chaira seguen medrando e este ano parece que están dispostos a levar o título cara ao interior de Lugo. Chaínzos-Cadaval incorporou a Rafa e Jorge Galdo para completar un equipo moi competitivo. Carabullo, Subcampión Nacional, conseguiu a  fichaxe do talento sobrehumano de Alvariño, para o cal tivo que hipotecar varias explotacións gandeiras de Ponte de Outeiro. Agora o equipo da ponte seica aspira ao Título de Conferencia, máis difícil que o Nacional, segundo afirman. Troitas Bravas empezou forte, e será equipo candidato se non ten a ausencia de xogadores claves nas vindeiras xornadas, pois mentres se manteña cerca do podio a motivación fará do equipo da Pontenova unha clara opción de Play Off. 

       Coma a temporada pasada a loita polo título está entre unha ducia de candidatos. Deberemos esperar a que o inverno encerre a palanadores e palanadoras nos pavillóns para ir descartando xogadores.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome