NORLESTE 1ª XORNADA CASTROVERDE

0
173
        A tarde do domingo 16 de setembro de 2018 será lembrada para sempre polo deporte galego. “Naquel serán caluroso de Castroverde lembro que se inaugurou o primeiro campo de billarda da provincia de Lugo”, esta será unha frase que oirán pícaros e pícaras do século XXII de boca da súa avoa ou do seu avó. Daquela, a billarda xa será deporte olímpico consolidado e nas tertulias farase memoria das orixes modernas deste deporte marabilloso. 
        En definitiva, grazas ao empeño dun grupo de mulleres e homes de Castroverde (Billarda Verde) xa temos á disposición da práctica da billarda un anaco máis de terra galega. A reconquista continúa !

        Houbo varios triunfadores na primeira xornada. Os triunfadores no eido competitivo foron Albino de Carabullo na Categoría Individual e Chaínzos-Cadaval na Categoría de Equipos. Os outros grandes destacados da xornada foron BILLARDA VERDE, que conseguiron o maior triunfo de todos, recuperar un espazo de terra para o xogo da billarda. Ademais aseguráronse de que o varal tivese a última tecnoloxía en sismoloxía. Deste xeito, prepararon o varal para resistir unha magnitude sísmica na escala Richter de 9 (destrución total, caos, morte e destrución). Se non o credes, comprobade como a Agapito case non se lle ve do gordas que son as varas do varal.

AQUÍ VAN ALGUNHAS FOTOS DA TÉCNICA DE GOLPEO NORLESTE
ISMAEL (Carabullo)

MANU (Polka Miseria)

GENI (Billardeiros Musicais)

DAVID NAVALLO (Troitas Bravas)

NOÉ (Troitas Bravas)

ÓSCAR TRADE (Billarda Verde)

ROI (Troitiñas Bravas, equipo filial)

REGUEIRO (Troitas Bravas)

SARA (Polka Miseria)

VILLARINO (Remourelle Bulls)
CORTÓN (Chaínzos-Cadaval)

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome