TODOLNB fala con… ABEL PONTE CASTIÑEIRAS

0
199
Señor
Ibrahim, cando eu digo que rir é cousa de xente rica, quero dicir que
é unha cousa para a xente feliz.
Pois
ben, aquí equivócaste. Rir é o que volve á xente feliz.
Parvadas.
Inténtao.
-Parvadas!
Ti
es educado, Momo?
Desde
logo.

Ser
educado está be, pero ser amable é mellor. Intenta rir e verás.
     
                                                                                                 (Mr. Ibrahim et les fleurs du Coran)
   

     Abel é a demostración do poder indestrutible do sorriso, do cal fala nesta novela o señor Ibrahim. Este neno de eterna sorrisa superará calquera obstáculo que a vida lle poña diante. Con ese inocente e sincero sorrir vencerá todas as dificultades e iluminará a quen estea preto del. Abel provén dunha familia que lle proporcionou os compoñentes xenéticobiolóxicos ideais para ser un deportista e músico de elite. Ademais, esta familia, PONTE CASTIÑEIRAS, fornece a Abel, con humilde agarimo e responsabilidade, de todo o necesario para garantir un estilo de vida ideal. Daquela, el non pode ser máis que un neno feliz e demóstrao nos campos de billarda. Sempre cun destello de luz estelar nos beizos, Abel destaca polo seu carácter afable, cordial e alegre.

   



        Abel é polifacético no gasto da súa enercía vital. Deste xeito, gusta de montar en bicicleta, de correr, de saltar no medio da herba, de disfrazarse… sempre, rodeado de natureza e levando na boca o seu don máis preciado, o seu riso tenro e doce. 
         O talento de Abel para xogar á billarda foi descuberto polo seu padriño, Xulio Ponte, nada máis ver coa forza coa que agarraba o bolo de Pascua. Desta maneira, Xulio, púxolle nas mans o material de xogo e o método paisaqueño de adestramento fixo o resto. Podemos afirmar que Abel, como xogador de billarda, é un produto da Academia de Campo da Feira. Ademais, como vemos na foto de abaixo, o seu pai Óscar xa foi preparando ao pequeniño Abel a diferenciar as árbores pola dureza da súa madeira para soportar os golpes do palán.
        A técnica de golpeo de Abel é emblema do equipo de billarda Campo da Feira. Un xenuino golpe que aprendeu en dilatadas sesións de adestramento baixo a atenta mirada do seu adestrador, Xulio Ponte. Este método innovador consiste en ofrecer recompensas positivas, neste caso nutricionais, cando o xogador consigue impactar na billarda e recompensas negativas, neste caso descargas eléctricas en zonas vulnerables, cando erra o impacto. 

       Foi tal a evolución de Abel, que a día de hoxe, con 12 anos, compite contra calquer outro xogador adulto de igual a igual. Xa ten dous Títulos de Conferencia en Categoría Infantil e conseguiu a súa primeira vitoria absoluta nunha xornada LNB na última xornada da Conferencia Noroeste, xogada en Paiosaco. 

   
  
    Como xogador desexado por varios equipos, Abel debe enfrontrarse nos vindeiros meses a un dilema difícil, pois ten varias ofertas para abandonar Campo da Feira e vestir outras cores. 



   Ante as nosas preguntas ácidas, Abel soubo saír con certa cortesía, sen apenas deixar en mal lugar máis que a un ou dous xogadores da súa Conferencia. En fin, aquí quedan as súas palabras e a súas reflexións sobre a LNB e a billarda. Atentas e atentos á súa síntese das características de certos xogadores do Noroeste.  




Nome
e apelidos:

ABEL
PONTE CASTIÑEIRAS
Lugar
e data de nacemento:

2006-10-25
Lugar
de residencia
: PAIOSACO
Ano
de deb
ut:
2016-04-17, en Carballo.
Equipo
actual
: CAMPO DA FEIRA
-Cando
xogaches por vez primeira á billarda?
   O
día non o sei, pero foi en marzo de 2015.
-Quen
che ensinou a xogar á billarda?
   O
meu padriño Xulio Ponte.
-Que
outras actividades deportivas e de lecer realizas?
   Bicicleta
e música.
Por
que che gusta xogar á billarda?
    Porque eu o vexo como un xogo
moi interesante e divertido.
-Que
opinas de ter que xogar contra persoas maiores ca ti?
   Que estou en desvantaxe, pero á
vez é como unha aprendizaxe de superación mutua.
-Que
cousas pensas que tes que mellorar no teu xogo?
   Os golpes mordidos, xa que, moitas ocasións fálloas así.
-Ademais
de xogar na LNB, en que outros lugares e en que momentos xogas á
billarda?

Nas festas familiares ao aire libre.
-Ordena
estas superficies de xogo segundo a túa preferencia: TERRA, HERBA,
AREA, ASFALTO, CEMENTO, PAVILLÓN
Pavillón,
asfalto, cemento, terra, herba e area.
-Cales
foron as
razóns principais da túa vitoria na xornada
de Paiosaco
?
   Que
os rivais non tiñan moi bo día.
-Que
opinas das túas posibilidades para ser Campión Infantil da
Conferencia Noroeste esta temporada?
   Penso
que este ano Miguel Cancela, o meu compañeiro, mo está poñendo moi
difícil.
-Este
ano partes coma un dos favoritos para o Título LNB Infantil que se
disputará a finais de maio. Serás quen de vencer ao hercúleo Manu
Caldeiro?
Pois,
non sei. Iso haberá que velo!
O
teu talento para golpear billardas vén pola parte xenética Ponte ou
pola Castiñeiras
?
   Eu
creo que por Ponte, porque teño o mesmo estilo de golpe do meu pai.
Define
o estilo de xogo de cada un dos 10 primeiros clasificados da vosa
Conferencia: Collazo, Juan Carlos, Lito, Edu, Xulio, Kevin, Roi, Lois
Fontán e Gándara.
   Collazo…
ao varado!
   Juan
Carlos… ao varado!
   Lito…
ao varado!
   Eu…
ao despiste!
   Xulio…
ao que se poida facer!
   Kevin…
á forza!
   Roi…
á técnica!
   Lois
Fontán… á calma!
   Gándara…
á técnica!
-Finalmente,
a pregunta máis difícil de contestar, entre ir co coro a cantar na
igrexa e ir xogar á billarda, que prefires e por que?

   Á
billarda, porque o paso mellor!!!!

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome