Na LNB NOL xa temos Apalpadora e Apalpador

0
383

O Título honorífico de Apalpadora correspondeulle a Paula de Chaínzos, despois de aguantar no liderado, a pesar dos esforzos da multicampioa Geni por quitarlle o saco. Regueiro é o Apalpador 2019, xa que, Charly cedeu na pista rápida de Reinante. Enviáronnos a foto promocional deste proclamación.

 

Agora as clasificacións individuais quedan encabezadas por palanador e palanadora da Terra Chá. A infantil domínaa Aroa e a de equipos Billardeiros Musicais.

Así, a emoción e o atractivo da Conferencia están garantidos nos vindeiros meses. Pero, se algo destaca por enriba de todo é o aumento da participación nesta temporada. A incorporación de Castiñeiro Milenario trouxo a abundancia e o alimento ao Norleste. Á sombra sagrada desta árbore achegáronse Madia Leva e Chaínzos cos seus equipos renovados e reforzados. Esta sinerxia arbórea tamén chegou a Ribadeo e unha nova xeración de xogadores de billarda nutriu a Billardeiros. En definitiva, só falta que os Bulls rematen de pagar o crédito que pediran para acometer as fichaxes millonarias de Xermán e Flores hai 2 temporadas e poidan por fin contratar a Navallo e Sandra, o grande obxectivo de Villarino para completar o seu proxecto de asturianizar o equipo. Sensacional o aumento da participación feminina. Fenomenal nova a desta implicación social na recuperación do xogo tradicional da billarda. ADN galego. Billarda sempre!

Aqui quedan algunhas imaxes que nos enviou Muriego, que como non tiña o día en San Miguel, pois dedicouse a pintar… a acuarela.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome