Muriego cornea a Muralla de Lugo

0
414

O Da Vinci de Tapia non tivo rival… á súa altura, sobre a herba de Nadela. Por fin, despois de tanto adestramento e tanto consello de Villarino, de repeticións e repeticións na posición do palanador, de tanto filosofar na Taberna de Lola e tantos cadernos de lectoescritura onde 2 e 4 non eran máis que dous números pares que nunca ían xuntos, Muriego de Remourelle Bulls conseguiu unir estes dous números nunha única cifra e con ela superar a muralla bimilenaria. Segundo foi Albino de Carabullo de Ponte de Outeiro e Terceiro Juancar de Campo da Feira de Paiosaco.

Na Categoría de Equipos, Campo da Feira de Paiosaco deu a badalada e fíxose co triunfo, sobre todo, grazas á presenza da Araña de Paiosaco, ou iso é o que anda dicindo polas tabernas nas que paran camiño da Laracha un dos seus xogadores, bastante falador el. Temos unha imaxe dun lugar no que pararon a repoñer oligoelementos e minerais. Segundo quedou Carabullo que continúa a súa progresión matemática, agora queda empatado a ptos con Troitas na xeral. Troitas foi terceiro. Curiosamente os dous primeiros clasificados da xeral, Billardeiros e Chaínzos-Cadaval, quedaron empatados a ptos, no cuarto e quinto postos.

En Féminas Paula ganou por diante de Lola de Billarda Verde e terceira foi Irea de Carabullo. A magnífica actuación da de Chaínzos, unida a unha mala xornada de Geni, fai que volva a encabezar a xeral Paula. Agora Geni queda a 6 ptos. Terceira na xeral é Dori.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome