LNB RIB 17 XOR Soutomaior. Che, o ciclón de Moscoso foi implacable. O título Individual decidirase na última xornada.

0
224

 

Tarde de canícula en Arcade onde a herba artificial puxo atrancos que non impediron que se vira unha das mellores finais da temporada, na cal 3 dos 4 finalistas entraron en 2 golpes e tiveron que ir ao golpe de desempate. Neste desempate, o Ciclón de Moscoso deu un golpe cicloxénico e deixou a Piru na segunda posición e a Álvaro terceiro. En féminas foi primeira Bego e en Infantil ganou Hugo.

 

Agora as clasificacións quedan deste xeito. Xa están actualizadas as clasificacións na etiqueta correspondente. Bueu decidirá o Campión de conferencia, Ricar avantaxa a Piru en 10 ptos, e decidirá a terceira praza do podio, entre Xan e Charri. As últimas prazas de finalista serán outro punto de interese.

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome