LNB RÍAS BAIXAS vindeira xornada POIO

0
439

 

O grandioso escenario de Poio está preparado e listo para recibir a terceira xornada da temporada 2019-2020 da LNB Rías Baixas. Os equipos chegan con ánimos renovados, xa que despois das dúas primeiras xornadas a distancia na clasificación é mínima nos postos de honor. Así, o equipo local de Armadiña ten unha oportunidade única para entrar por vez primeira nos postos que darían dereito a participar na FinaLNB 2020, xa que, a distancia de 11 ptos que separan ao equipo de Poio do de Marín, Gharaboto, é unha cifra demasiado pequena, sobre todo, tendo en conta que neste campo olímpico entrar en 4 golpes non é doado.

En canto á categoría de equipos femininos, vemos moi difícil que Valpaços perda o liderado, pero as outras prazas de podio están abertas a un cambio significativo, pois hai tres equipos en 6 ptos de diferenza. De novo, Armadiña féminas vai ter unha oportunidade única para entrar en zona de podio, sempre que presenten o equipo de gala.

 

Nas clasificacións individuais a cousa aínda está máis axustada. Deste xeito, na Individual Absoluta, pensamos que Cho pode defender esta primeira posición, xa que, xoga como local nun campo que lle vai moi ben ás súas características de potente golpeador. Aínda así, detrás ten a media ducia de palanadores que non lle van dar tregua. Un factor a ter moi en conta no Campo de Billarda da Reiboa é a dirección e velocidade do vento. Pois ben, segundo windwuru para o sábado 28 setembro, de 16 horas a 20 horas, haberá vento NO cunha velocidade entre 4 e 7 nós. Traducido a linguaxe da billarda, 13 km por hora de vento en contra… bahhh, un lixo.

Na Individual Feminina, Bego vai ter que defender esa primeira praza, pois, Tania está demostrando estar nun gran momento de forma. Ademais, a de Vigo é palanadora de potentes golpes e os campos de distancias olímpicas benefician o seu golpeo. De todas as maneiras, a de Corredoiras ten 4 ptos de vantaxe e segue sendo a gran favorita para continuar nesa posición de privilexio. Por detrás, aparecen xa as candidatas a ocupar as prazas de podio final.

 

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome