LNB RÍAS BAIXAS última xornada temporada 2019-2020… Xa se sabe o destino de Messi… Bueu

0
306

A disputa da última xornada de liga xa é por si mesmo un acontecemento espléndido, tendo en conta as dificultades doutros deportes para poder organizarse. Ben, pois esta última xornada está marcada por un feito extraordinario, o equipo de billarda Corredoiras fíxo un movemento no mercado de fichaxes que deixa nun terceiro ou cuarto lugar a fichaxe de Añón por APB. O equipo de Bueu fíxose cos servizos de Messi para a vindeira temporada e se a familia do arxentino se adapta á vida nesta vila mariñeira do Morrazo, quen sabe se non ampliará o seu vencello con Corredoiras.

Temos as imaxes do momento da presentación do astro de Rosario. A única condición de Messi para xogar billarda con Corredoiras é a de usar unhas novas camisetas de raias azul e grana.

 

Seica xa probou as instalacións da Estacada e mostrou moi boas maneiras, certo que aínda ten que adaptarse ao golpeo e ao clima húmido do Atlántico.

Ao mesmo tempo aproveitando que o deporte de moda é a billarda, foi presentada a primeira QUINILLARDA da LNB RIAS BAIXAS, recuperando unha iniciativa creada na desaparecida LNB SUR.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome