LNB RÍAS BAIXAS penúltima xornada. GHARABOTO tamén se vai de xira por Asia e Landras fala da billarda olímpica na TVG.

0
214

Xa está aquí o cartel da xornada 17 na LNB RÍAS BAIXAS. Será en terra de Pedro de Soutomaior e voarán as billardas como antes voaban os fouciños sobre as terras irmandiñas. Ben, no campo de fútbol de herba artificial de Salgueirón loitarán palanadoras e palanadores para dar sentido e dirección (o varal) a uns paus que perderon o sangue de antano e só saben xa destilar suor.

Ademais, temos novas de que Gharaboto, actual campión LNB tamén se aventurou a visitar o continente asiático, formando parte da expedición da LNB que está buscando a inclusión da Billarda como deporte olímpico. O embaixador oficial da LNB, Landras, está moi ben acompañado nesta viaxe.

 

GHARABOTO quere que as olimpiadas do 2036 se disputen en Marín, para o cal enviaron unha representación que está participando en eventos representativos da Cultura asiática. O equipo marinense aproveitou que había sitio na dorna que fletou a LNB para levar ao embaixador Landras, quen ten como obxectivo vital difundir o mantra Billarda Sempre… Om!!!, por Asia.

 

Para rematar, aquí está a segunda entrega de Billarda na TVG, na que Landras fala da posibilidade de que a Billarda sexa olímpica e da práctica deste deporte polo planeta adiante. Pincha na letra azul para ver o vídeo da billarda na TVG na voz de Landras.

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome