LNB RÍAS BAIXAS INAUGURACIÓN DO PRIMEIRO CAMPO DE BILLARDA DO SALNÉS

0
212

O vindeiro sábado 26 setembro será un día lembrado na historia da máis nova das Conferencias LNB. Un 2 de outubro de 2011 naceu esta aventura coa saudable intención de recuperar a práctica da billarda nas Comarcas das Rías Baixas. Ben, 9 anos despois podemos dicir que naquela primeira xornada houbo 21 participantes dos cales 5 eran mulleres e ningunha persoa menor de 14 anos xogou.

Tamén, podemos dicir, mais escribimos, que desde aquela data 728 persoas xogaron nesta Conferencia baixo a modalidade LNB. Finalmente confirmamos que o campo de fútbol, onde se disputou aquela primeira xornada, estase transformando en campo de billarda e o sábado será a súa inauguración oficial antes de comezar a segunda xornada de liga 2020-2021.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome