Home Actualidade LNB RÍAS BAIXAS 16 xornada. Localizados os xogadores de Corredoiras desaparecidos

LNB RÍAS BAIXAS 16 xornada. Localizados os xogadores de Corredoiras desaparecidos

0
LNB RÍAS BAIXAS 16 xornada. Localizados os xogadores de Corredoiras desaparecidos

Xa temos o cartel da vindeira xornada LNB RÍAS BAIXAS, que será a xornada 16 e antepenúltima. Celebrarase en Salcedo, Pontevedra, no campo de fútbol. Ben, o centro de atención informativa segue en Corredoiras. A semana pasada coñeciamos que varios dos seus mellores xogadores e xogadoras estaban desaparecidos. Agora, temos imaxes que axudan a explicar parte destes sucesos paranormais.

 

Si, compañeir@s, varios integrantes de Corredoiras están en Xapón, abrindo as fronteiras para a entrada da billarda como deporte de exhibición en Tokio 2021. Ademais, vai como embaixador desta expedición o Anacoreta de Seixas, o xentil Landras, que procede da LNB NOR. Se a ruta da seda deu a coñecer costumes e culturas ata aquel momento descoñecidas para Galicia, esta Ruta da Billarda só pretende mostrar a estes pobos orientais parte do noso tesouro lúdico e cultural. Esperamos que os xogadores de Corredoiras estean de volta para poder xogar o sábado 1 de agosto. Landras igual tarda máis, pois vai aproveitar a viaxe para facer escala no Tibet. Seica pretende traer a madeira dun Teixo heptamilenario para facer o primeiro palán octogonal que será invencible nos campos de billarda do Noroeste.

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here