LNB NOROESTE previa da xornada de CAMBRE

0
301

Cambre acollerá a xornada 13 da LNB NOR. Este número ten unha traxectoria histórica que lle adxudicou unha reputación de funesto e nefasto, ou sexa, acompañado pola desgraza ou o dano. Ben, non sabemos se esta sona se manterá nesta vindeira xornada 13, mais o que si sabemos é que o cartel elaborada para esta cita … Vaia, mellor que o observedes vós e que xulguedos por vós mesmas, por vós mesmos.

Si, compañeir@s, non fai falta ter unha visión de miñato, nin de aguia, nin de zopilote negro, para comprobar que a foto de fondo do cartel da xornada 12 serviu para o cartel da xornada 13. Daquela, as preguntas corren veloces por entre frases e oracións subordinadas causais. Desde esta humilde reconstrución da realidade billardeira que é BIGAL non queremos ofender o traballo de deseño de X.P., non obstante, que motivo secreto está na orixe deste corta e pega?

Acaso, o talento artístico de X.P. ten data de caducidad como aquel outro mediocre XP de windows?

 

Talvez, o modelo da foto é o Home de Vitrubio da billarda coas proporcións ideais do corpo humano e vai ser o modelo a seguir en posteriores carteis?

 

Quizais, o gran deseñador recibiu a visita ameazante dun peliqueiro durante este Entroido que o convenceu para usar esa mesma imaxe?

 

En definitiva, imos prestar atención ao próximo cartel da xornada 14 para resolver a incognita desta involución na carreira artística de XP.

 

Por outra beira, a actualidade da LNB NOR pasa por saber como viviron estas semanas de inactividade billardeira os equipos. Xa temos os vídeos elaborados nos estudos de dobraxe e sinerxias telúricas que BIGAL ten nas Somozas. En primicia mundial a primeira dobraxe ao galego dunha serie de animación norteamericana que descubre o que fixeron Filloas de Sangue e Campo da Feira durante este descanso de Entroido. Mañá emitiremos os vídeos dos outros dous equipos APB e MAC.

 

 

Pois...

Isto é todo o que podemos contar

e nada do que calamos o estragará.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome