LNB NOROESTE crónica última xornada… como Añón sen xogar clasificouse e Enrique, Gándara e Viqueira deberán agardar na reserva a que renuncie algún dos 10 fantásticos

0
242

Desde a delegación de Bergantiños, Tánator, envíanos unha sentida e emocionante crónica.

 

Chegaban á última xornada en postos de finalista, Xulio, Gándara e Enrique e con Añón pendente dun fío de 15 ptos de vantaxe e coa certeza que non ía acudir á última xornada. Pois ben, non sabemos o que fixo o pérfido Añón, o que si sabemos é que tanto Enrique como Gándara e Viqueira, encadrados no mesmo grupo, fallaron golpes a escasos metros. Pola súa banda, Xulio e Edu, ao Trump Trump, e coa divinidade do seu lado, conseguiron avanzar de grupo.

A situación foi de película de intriga. Ao rematar a fase de grupos, as puntuacións xerais estaban 261 ptos Xulio, Edu, Viqueira, Gándara e Enrique. Isto é os 5 implicados nas prazas empatados. Agora había que ver se algún deles pasaba de grupo, co cal sumaría un pto máis. Xulio, Edu e Viqueira pasaron de grupo, daquela Gándara e Enrique quedaron sen opcións. Agora, se estes 3 que pasaron de grupo chegaban á final, deixaban fóra a Añón. Ademais, estes 3 seguían empatados na loita polas 2 prazas. Ben, no primeiro cruce Viqueira perdeu contra Abel e tanto Edu coma Xulio ganaron a Lito e Bieito, respectivamente, polo tanto, o cochiqueiro quedou a un paso da final.

Durante os vindeiros días teremos tempo para analizar as posibilidades do NOR na FinaLNB 2020. Mentres, aquí se mostran os 10 xogadores do Noroeste por orde de clasificación, para que os rivais vaian estudando o seu golpeo e os propios interesados corrixan e melloren a súa técnica.

 

Tamén, pódese ver e mirar o vídeo homenaxe ao equipo da Coruña, un dos dinosauros da LNB, Filloas de Sangue co tema musical que lle compuxo Terbutalina (ou se non llo compuxo para este equipo debería telo feito). Picar enriba de … Filloas de Sangue 2019-2020

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome