LNB NOROESTE Crónica 5ª xor Castelo-CULLEREDO

0
369

Eduraña está atravesando un momento dos máis complicados da súa traxectoria deportiva e non encontra solución a un baixo estado de forma inesperado para un palanador finalista LNB, como foi nos últimos anos o de Campo da Feira. Collazo crea un novo golpe que fai que a billarda se aproxime á liña de fondo e antes de cruzala describa unha parábola elíptica dun só plano e entre polo varal, conseguindo a sorpresa e admiración de compañeir@s e rivais. Cotelo arbitra pensando nos Biosbardos e non se entera do que pasa na pista. Por fin, Kevin e Freire demostran o seu afecto en público e Roi proba o seu novo golpe para intimidar ao chan antes de golpear a billarda para levantala. Un histórico da LNB NOR, Carliños, reaparece no escenario de Folgueira.

 

Despois de sumar os ptos, con calculadora, as clasificacións quedan deste xeito.

 

Se algo podemos afirmar é que xogadores de tres equipos ocupan as 10 prazas de finalista LNB. FEI con 4 xogadores, MAC con 3 e APB con 3. Por vez primeira, non hai ningún filloas nestas prazas, sobre todo, debido á ausencia de Gándara nesta quinta xornada. En Feminina, Merche e Cruz ocupan as prazas de finalista. En Infantil, a pugna vai ser cerrada ata o final, como a temporada pasada. Este ano pensamos que Lucas tamén pode loitar polo título, xunto con Abel, Migui e Marc. Estes 4 nenos da factoría de Campo da Feira teñen un potencial enorme e calquera deles vai ser un serio candidato ao título Nacional LNB 2020. Na categoría de equipos, MAC deu un salto de calidade esta temporada e desde que Lito Pena se encarga de ir deitar, os sábados pola noite, a Berdi e Viqueira, o equipo estao notando.

 

A polémica da xornada estivo na actuación do Xuíz de campo, Cotelo de APB, quen non tivo unha mañá fácil, pois tivo que tomar decisións salomónicas que contentaron a poucos, aos do seu equipo unicamente. Neste vídeo poderedes escoitalo xustificando o inxustificable, ou como comer tofu no lugar de queixo e dicir “que ben sabe!“.

 

 

Aquí vos queda o vídeo da xornada. BIGAL volveu a utilizar todos os seus recursos humanos e materiais para cubrir a xornada, 3 cámaras e tres operarios de cámara. A pesar das condicións climáticas adversas os nosos colaboradores souberon captar aqueles instántes importantes da xornada. Veredes a reaparición estelar de Carliños Gende, o magnífico rapeiro, artista gráfico e virtuoso do audiovisual, que volveu a sentir a madeira entre as mans. Cochiqueiro ata a médula, Carliños tivo algún reparo que outro en xogar para esa unión frankestain chamada MAC (Malpica-Cochiqueiros), pero non lle quedou outro remedio que tragar.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome