LNB NOROESTE comeza a liga

Comeza a LNB NOROESTE é esta temporada para non verse apurados ao final de liga coa entrega de premios e demais loxística organizativa, Gándara propuxo entregar xa o trofeo do Titulo Individual Absoluto. Vemos a imaxe na que autoridades políticas da Laracha entregan a un Collazo rexuvenecido (el tamén está experimentando as consecuencias da práctica da billarda no seu corpo).

 

Outra das novidades desta temporada é a renovación do Logo de Campo da Feira. Por fin, Xulio Ponte descargou o programa de deseño, “Máis fácil imposible”.

 

 

A primeira xornada disputarase na herba da Cheda e despois degustarase unha churrascada con guarnición de algas e chícharos. Os equipos teñen ocultas as súas novidades para esta temporada, mais parece que se moveu pouco o mercado, mais faltan cinco días e pode aparecer algunha sorpresa.