LNB NORLESTE: Títulos e clasificacións finais. LNB NOROESTE: faltan 5 xornadas.

0
324

CONFERENCIA NORLESTE

 

A LNB Norleste decidiu dar por concluída a temporada 2019-2020 cos resultados finais que apareceron despois de disputarse a xornada 10 de Mondoñedo. Deste xeito, Charly Crecente convértese no xogador con máis títulos individuais Absolutos de Conferencia con 4 e supera a Markytos que ten 3. Na Categoría Feminina continúa o reinado de Geni, quen conseguíu o seu noveno título consecutivo e xa acumula 10 títulos. En Infantil, Marcos, de Troitas Bravas ganou o título. Na categoría de Varados, Chousa alzouse co título por vez primeira e xa son 3 anos seguidos cun palanador de Carabullo no máis alto do caixón de varados. Carabullo acada por primeira vez o título na Categoría de Equipos. Despois de 8 anos de imperio de Billardeiros Musicias e despois de que ningún equipo, fóra da Mariña, se alzase nunca antes co campionato, a Terra Chá consegue brillantemente o triunfo. Ponte de Outeiro xa ten unha estrela LNB. Agora xurde a interrogante seguinte, que día se declarará na Ponte como festivo, o 17 de xuño, día no que se acordou dar por finalizada a Temporada 2019-202 ou o día 7 de marzo, última xornada que se xogou? A solución é evidente, “os dous días serán considerados festivos, ouh!”, foi o que afirmou con meridiana seguridade Ismael. “Aínda que o noso verdadeiro obxectivo é que sexa festivo o 5 de setembro, se finalmente se xoga a FinaLNB 2020 nesa data”.

 

 

Pensando nas finais LNB de setembro, así quedaron as prazas que dan dereito a participar nelas.

 

Este número de prazas é asignado segundo a porcentaxe de participación de cada conferencia LNB. O número de prazas de Varados acordouse nunha xuntanza o 12 de xaneiro en Castro de Rei entre representantes das 3 Conferencias, así como, facer o cálculo sobre as 10 xornadas de maior participación en cada Conferencia ao finalizar o mes de abril. Estes son os datos de participación e o número de prazas que corresponden a cada Conferencia. Neste reparto está incluída a praza que se poñía en xogo no Aberto das Estrelas que non se xogou.

 

 

 

CONFERENCIA NOROESTE

 

Coas prazas de finalista en xogo, a reanudación da competición preséntase emocionanate e incerta, pois, as medidas de protección e seguridade poden influír no rendemento. Veremos que sucede o domingo na Laracha. As clasificación do NOR están desta maneira.

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome