LNB NORLESTE Crónica 4ª xor Barreiros-Reinante

0
416

O comandante e adestrador nacional Flores estivo pendente do máis pequeno dos detalles para que o Aberto fose o evento deportivo máis destacado da fin de semana. O pavillón estaba impecablemente construído e cuns sólidos alicerces. As luces artificiais en modo optimización de recursos naturais. Os agasallos cos rexistros de sanidade e trazabilidade en orde. Daquela, todo listo para comezar a xornada.

 

Antes do inicio do xogo a LNB NOL realizou un acto de manifestación clara e precisa de “Non á violencia de xénero”. 

 

Todo era bastante incerto en canto ao rendemento dos equipos, pois en pavillón nunca se sabe. Deste xeito, Troitas e Carabullo iniciaban a xornada co equipo Outeiriño mirando as costas do uniforme vermello. Ao final, segue a cousa como estaba, aínda que agora o todopoderoso CAR semella que iniciou o seu REXURDEMENTO. Continúa fóra dos postos de podio, mais a piques estivo de ganar a xornada, só superado polo equipo de Ribadeo. Billardeiros Musicais xa superou a Chaínzos na xeral. Ademais, o equipo musical está moi fortalecido coas novas incorporacións desta temporada, e nesta xornada debutou Basilio, quen mostrou boas maneiras.

 

A cor dominante nas flores de San Miguel foi a de Billardeiros Musicais. Non sabemos moi ben como definir esta cor da súa indumentaria, se cor cárdena, cor tella, cor tinta, cor sangue… o que si sabemos identificar é o seu escudo nos podios das distintas categorías.

 

Charly conseguíu todos os ptos en xogo e levou a restra de 10 chourizos. De todos os xeitos, Charly non quedou moi contento, pois non entendía como non lle corresponderon o mesmo número de chourizos que de ptos logrados… pero, Flores non soubo aclararlle as dúbidas ao xogador de Carabullo.

 

Agora, as clasificacións quedan deste xeito nos primeiros postos.

 

Aquí vos queda o audiovisual da xornada, elaborado grazas ás imaxes enviadas polos nosos operarios de cámara, Xulio, Juancar e Sachas. Desta vez, incluso puidemos aproveitar algunha das imaxes gravadas por Sachas e incluílas na montaxe. Grazas compañeir@s por captar estas imaxes espectaculares de deportistas galeg@s e exportalas ao resto do mundo.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome