LNB NOR xornada 2 en EIRÍS A CORUÑA

0
141

Xa se preparan as escadras NOR para afrontar a segunda xornada. Será no anfiteatro coruñés de Eirís. A terra dictará a súa lei. Lei de madeira contra madeira. Os equipos do Noroeste fixeron a revolución das estornelas, cun mercado de fichaxes moi agresivo. Na previa de Eirís quixemos coñecer a opinión de varios equipos.

O todopoderoso CAMPO DA FEIRA non negocia coa súa supremacía. Desde a temporada 2014-2015 domina a Conferencia con pulso firme. 6 títulos adornan o seu historial.

 

Cochiqueiros pasou unha situación límite con risco de desaparición. Non obstante, esta escadra está habituada a vivir ao límite, ao límite do horario de comezo das xornadas e ao límite do número mínimo de xogadores en cada xornada. Mudar esta traxectoria é un dos seus obxectivos.

 

APB, reforzouse con dúas supernovas do firmamento LNB. Dous portentos do palanazo e do “fuori campo”. Veremos se se adaptan ao tacto do tecido de algodón africano da hemorráxica ou estrañan o poliester da cordobesa e da cochica.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome