LNB NOR Resultados xornada 10 As Encrobas- Pontoxo-Cerceda

0
483

Vitoria de Campo da Feira coa puntuación máis baixa da temporada. Segundo foi MAC que xogaba como local e deulle un bo bocado de ptos a APB. Sacoulle 12 e distánciase na xeral 21 ptos na disputa desa segunda praza de finalista LNB 2020. Lúa de Forza foi segundo. Corredoiras de Bueu quedou  quinto e Filloas quedou último, sobre todo, por unha decisión errónea de Landras, quen no desempate para pasar de grupo contra Edu, no golpe de desempate, optou por colocar a billarda en paralelo á liña de saída e non na posición natural, como así lle estaba indicando o capitán do equipo, Lois Fontán. Certo, o golpe de Landras foi penoso. Veremos se o bo do Anacoreta terá sanción disciplinaria como se indica no código de réxime interno de Filloas.

Xan Rodiño ganou con comodidade a xornada, só a grande actuación de Luís Mato o puxo en algún apuro no seu cruce de semifinais. Segundo foi o resucitado Edu e terceiro o esplosivo Berdillo que sacou a relucir o se famoso berdillazo. En féminas a verde Marisa ganou, por diante de Bego Ríos e de Lú Torres, todas palanadoras das Rías Baixas. En Infantil, o primeiro foi Abel Ponte, segundo Anxo Añón e terceiro Aleixo.

O magnífico escenario das Encrobas contou coa participación de dous equipos da LNB RIAS BAIXAS, LUA e COR, con títulos LNB nesa categoria. As puntuacións foron baixas, en xeral, xa que o campo mixto, cemento-herba e con certa costa na parte final foi moi esixente na elección da billarda a usar en cada superficie. De todos os xeitos, houbo magníficas e estéticas imaxes que foron captadas polo noso corresponsal na LNB NOR.

 

En homenaxe a Moncho Valcarce os equipos decidiron usar un material máis acorde co espírito do loitador crego das Encrobas