LNB NOR previa da última xornada 2019

0
347

A falta dunha xornada para rematar o ano competitivo na LNB temos os datos de participación a día de hoxe da Conferencia Noroeste. O aumento de participación nestas primeiras 7 xornadas foi espectacular e a Conferencia está no seu mellor momento histórico. O traballo de divulgación nos medios de comunicación e a organización de torneos fóra da época da liga regular, verán e nadal, ademais de acudir a centros educativos son ferramentas que axudaron a consolidar este proxecto de país chamado LNB. Parabéns compañeir@s Noroeste.

Entrando na actualidade da Conferencia diremos que son 4 os focos de interese antes da xornada do vindeiro domingo.

  • A competición volve á pista onde para Cotelo empezou todo, Castelo. Alí tivo o seu primeiro incidente arbitral e xa non levantou cabeza, ata ter que deixar temporalmente a arbitraxe. Agora que xa está rehabilitado deberá enfrontarse aos fantasmas do pasado. Chegounos unha foto de Cotelo celebrando a súa recuperación total. Aínda que mirando as imaxes non sabemos se fiarnos das palabras de Cotelo de que xa está en condicións.
  • O segundo punto de interese está en Lito Pena, quen apura a súa recuperación despois da intervención cirúrxica. A foto que nos enviou o gabinete de prensa de MAC fainos ser optimistas sobre a participación de Lito na xornada de Castelo.

  • O terceiro centro de atención está en Landras que nos enviou unha foto na que quere deixar claro que a billarda que usou no 3×3 da coruña é totalmente regulamentaria. Engade o Anacoreta da billarda que a imaxe que sacaron os medios de comunicación non se correspondía coa realidade da súa billarda. “Xoguei coa billardaraña que me deixou Edu, daquela non pode haber ilegalidade algunha”, foron as palabras de Landras, moi apenado pola polémica aparecida nas redes sociais sobre as dimensións da dita billarda que el denomina cariñosamente Landrillardaraña.
  • Por último, facernos eco dunha imaxe viral nas redes sociais. Edu anunciando a xornada do domingo próximo. Que ten de particular esta imaxe? Pois que a Araña de Peisaco, farto de que sempre saían xogadores de menos talento que el como imaxe dos carteis anunciando a xornada, dedicouse a trolear o cartel de Castelo. Vós mesmas, vós mesmos xulgar se ten atractivo ou non a modificación.

As clasificacións están como segue antes da oitava xornada.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome