LNB NOR 6ª xor A LARACHA-Caión 2019-11-24

0
306

Así están as clasificacións antes de xogarse a 6ª xornada da LNB NOR este vindeiro domingo na Laracha. Finalmente, ante as previsións de clima adverso para a práctica da billarda en exterior, a xornada disputarase no pavillón de Xermaña (Caión-A Laracha).

 

Os acontecementos no Noroeste non teñen posibilidade de acadar a normalidade. Desta vez, non é unha xogada polémica de Collazo, nin a arbitraxe indocumentada de Cotelo, nin a patada de kung-Fu Panda que Freire utiliza para golpear a billarda, nin o berro vacuno de Lito cando lle dá ao aire, nin o baile circular do derviche Julio V, nin os sonos que se bota Viqueira apoiado no varal, nin sequera a manipulación das sumas dos ptos de Xulio Ponte, desta vez, é algo moito máis serio e perigoso. Antes de continuar co relato observade a foto de abaixo.

Si, non vos engañan os ollos. Os dous superheroes de Campo da Feira están secuestrados por MAC (Movemento Anarquista Cochiqueiro) e para que estes dous grandes xogadores de billarda estean libres para xogar o próximo domingo, FEI deberá desembolsar 3 mil dólares en billetes pequenos de euros. Preguntarédesvos, como se entende isto? Os grupos anarquistas é o que teñen, que usan unha lóxica ilóxica e unha desorganizada organización. O que sabemos de fontes próximas a FEI e que están negociando contra o reloxo para que sexan liberados. De todos os xeitos, tamén, diremos que algo farían para ser obxectivo prioritario de Movemento tan pacífico como o MAC.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome