LNB NOR 6 xor… crónica… En Caión Cotelo dá unha lección… de indecencia

0
490

APB conseguíu a súa segunda vitoria histórica nunha xornada LNB. Esta brillante vitoria estivo fundamentada na magnífica actuación de Cotelo, quen estivo a 2 milímetros de subir ao máis alto. Roi e Iván secundaron a Cotelo con máis de 20 ptos cada un. Non obstante, estes son palanadores que habitualmente teñen moi bos números e son parte dos pilares do equipo. Quen foi unha sorpresa agradable foi Vilas, que aproveitou o seu movemento de baile circular para petar na billarda con acerto.

De todos os xeitos, o que queremos reseñar son dous feitos puntuais, que cremos teñen relevancia supina. Por unha beira, unhas xogadas polémicas cun mesmo protagonista arbitral, Cotelo. A outra importante circunstancia foi o feo xesto de Piru que se marchou sen acudir á  ceremonia protocolaria de entrega de premios. Horas despois subía esta foto nas súas redes sociais.

Que cada quen o interprete como queira, pero se esa é maneira na que quere reivindicar subir aos podios sen roupa, esperamos que as xornadas vindeiras se entreguen os premios no exterior.

Volvendo ao arbitraxe canalla de Cotelo estamos elaborando o audiovisual da xornada con imaxes moi claras do que sucedeu. Mañá publicarémolo. Mentres tanto, aquí quedan algunhas imaxes que dan pistas de que tipo de elemento é este de APB. Así é máis doado ganar.

IVÁN
ROI
MERCHE
JULIO VILAS
IRIA
KEVIN

Ademais da tropa de Don Cotelo, houbo outras xogadoras e xogadores que entregaron o seu talento para estas instantáneas.

LOIA FONTAN
EDU ARAÑA
GÁNDARA
COLLAZO
AURI
LUÍS MATO
LUCAS
VIQUEIRA

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome