LNB fin de semana

0
145

       Un novo Torneo Aberto de Billarda en Lugo, ao abeiro do V Festival A Candeloria. Este ano a cidade amurallada non entrou no calendario de xornadas de liga, pero non se queda sen billarda, xa que este aberto é un escaparate magnífico para continuar coa difusión deste deporte tradicional marabilloso. Aproveitando que o Miño pasa por Lugo, presentamos datos informativos históricos inéditos ata o de agora. Son as estatísticas de participación de cada xogador/a desde a creación da LNB, so presentamos os 50 xogadores/as con máis participacións por Conferencia. Estamos traballando para ter o listado completo de todos e todas as xogadoras que en algún momento da historia xogaron na LNB. Podemos anticipar que aproximadamente 2000 persoas xogaron algunha xornada OFICIAL LNB desde o 2005. Ademais, estarían aquelas outras moitas persoas que xogaron en algún Torneo Aberto de Billarda. Desta participación só temos estimacións. En definitiva, desde o 2003, cando se iniciou o camiño da LNB en forma de Torneos Abertos de Billarda, ata o 2018 máis de 4000 persoas diferentes teñen xogado billarda, e polo tanto, saben que este deporte tradicional segue vivo e moi vivo. 

Por outro lado, a LNB continúa camiño de Compostela. Esta fin de semana hai xornada de liga na Conferencia Rías Baixas e na Conferencia Noroeste.
       

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome