LNB fin de semana Liga nas RÍAS BAIXAS e Aberto de Verán en Manzaneda. Landras canta Gloria na TVG vestindo a camiseta de BILLARDA SEMPRE!

0
173

Fin de semana intenso de billarda no Sur do país. O sábado 8 agosto disputarase a xornada 17 e penultima da LNB RIB en Soutomaior. Pode quedar decidido o único título que ainda falta por definir, o de Campión de Conferencia 2019-2020 na súa Categoría Individual Absoluta, na que RICAR foi líder sólido desde o comezo de temporada. O xogador de Chans pode sentenciar matematicamente se consegue 8 ptos máis que Piru e 7 máis que Xan.

 

Na provincia de Ourense comeza a temporada de Torneos Abertos de verán pola Terra de Trives. Será o domingo 9 en Manzaneda. Despois, virá o TAB de San Xoán de Río, que aínda non ten data fixada.

 

 

Capítulo terceiro da actuación extraordinaria de Landras no programa da TVG, Cantas ou non? Nesta terceira entrega, o Anacoreta de Seixas canta, si, canta o tema Gloria… só outro intérprete galego estivo á altura de Landras, e foi o ilustre e sobranceiro Daniel R. Castelao cando leu aquel discurso titulado, Alba de Groria, co gallo do Día da Patria Galega. Foi o 25 de xullo de 1948 no Teatro Argentino, durante a celebración do Festival do Centro Gallego de Buenos Aires. Pincha na letra en azul para ver o vídeo de Landras cantando Gloria e vestindo a camiseta BILLARDA SEMPRE!

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome