LNB de VERÁN ABERTO DAS CEREIXAS PAIOSACO

0
268
    A fin de semana trouxo actividade no mundo da billarda. En Paiosaco, dentro dos actos da Festa das Cereixas, celebrouse o IV Aberto de billarda. A organización conseguíu contar coa participación dos Campións LNB 2019, Daniel R. Saavedra e Geni. O esforzo económico foi importante, xa que, o caché destes virtuosos da billarda non é dos moderados. En definitiva, AAVV Campo da Feira botou man deses recursos para imprevistos que toda boa asociación de veciñ@s ten orzamentados.
     Este Aberto foi catalogado con tres estrelas pola LNB, debido á participación de tres Campións Nacionais 2019, Categoría Absoluta, Daniel, Categoría Feminina, Geni e Categoría Infantil, Abel Ponte. Deixaron o varal moi alto, pois, quen pretendese superar a catalogación deste TAB debería asegurarse a participación doutro dos 5 estrelas da temporada pasada, Charly de Carabullo e o equipo Gharaboto, cousa en exceso complicada. 
      En canto aos resultados, non houbo sorpresas relevantes. Se acaso, a confirmación do enorme talento do infantil de bronce, Abel Ponte, e o prodixioso golpeo de Marc, outro dos infantís criado na granxa escola de Campo da Feira, ou a baixa forma nesta pretemporada de Edu e de Juanca, xunto coa eterna xuventude de Gándara que cada temporada que pasa golpea mellor a billarda. O sábado, entrou con dous golpes en tres das cinco carreiras, cousa inalcanzable para o resto dos competidores e competidoras. 

     O Coroceiro 2019, Daniel, e a Campioa LNB 2019, Geni, trouxeron uns escudeiros de prestixio, como foron, Manu Pozo, Campión LNB Norleste 2019, e Franco, o xogador máis experimentado da LNB. 

    Por outra beira, e para continuar coa tradición, aparece a polémica dunha información manipulada. O único reporteiro acreditado pola LNB, EGASA, continúa enviando información parcial na procura dun protagonismo innecesario.  Existe mala relación entre Juanca e Edu despois da última viaxe que fixeron xuntos? Que pasou nese coche, que palabras ofenderon ao home araña de Peisaco para que certa prensa corte a foto de Juanca? Non queremos profundizar máis neste delicado caso ata ter un comunicado oficial do equipo azul. 

COTELO, que ben peiteado leva o PELO !

EGASA, cando colle o micro: “Alcalde que PASA! 

MERCHE, que ben combina as cores, cando QUERE.

MIGUI

ABEL 

COLLAZO, meteuse na promoción inmobiliaria e deu o PELOTAZO!

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome