LNB NOS TORNEOS INTERNACIONAIS 2018

0
104
       Xa entramos na recta final da temporada 2017-2018 da LNB e as xogadores e xogadores teñen que buscar o seu mellor momento de forma para alcanzar os seus obxectivos. Algúns e algunhas pretenden entrar en prazas de finalista como meta final. Outros optan ao título de Conferencia, outras a entrar no podio dalgunha xornada de liga. En definitiva, cada quen ten as súas metas. Mais o que todas e todos teñen ben en conta é a chamada da selección LNB. A convocatoria para participar nos torneos internacionais deste verán está próxima a saír, entón que cada quen dea o mellor de si mesmo. 
       Flores, seleccionador LNB, terá este ano unha dura tarefa, pois non vai ser doado escoller a quen represente á LNB por Europa adiante. Así, xa se recibiron dúas invitacións para participar en Slovenia (1-2-3 xuño) e en Romanía (24-25-26 agosto), polo tanto, Manolo Flores vai ter que facer un seguimento de xogadores e xogadoras máis exhaustivo que o do ano pasado. Lembremos que os representantes da LNB no torneo internacional de Pandolo 2017 volveron cuns resultados precarios. Ou sexa, regresaron cun mancado de gravidade e unha penúltima posición na xeral. A piques estivo de custarlle o cargo ao seleccionador, pero finalmente non foi aceptada a súa dimisión e continúa unha temporada máis como máximo responsable da selección LNB.
       

Programación do Torneo Internacional

Invitación enviada pola Federación Slovena de Pandolo (denominación da billarda en Slovenia)

Invitación enviada pola A.
S. Clubul Român de Ţurcă (denominación da billarda en Romanía)

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome