TODOLNB fala con…

0
125

       
        Inauguramos unha nova sección na que falaremos con destacados e destacadas xogadores LNB. Desta vez, aproveitamos a vitoria de Juan Carlos na primeira xornada da Conferencia Noroeste para saber algo máis deste gran palanador. Ademais de ser un candidato ao título de Conferencia, pensamos que o será ao título de Coroceiro 2019, xa que, a súa progresión así o indica. 
       Por outro lado, Juan Carlos contribuíu coa súa influencia a transmitir o xogo á súa familia. Deste xeito, tanto Cruz coma Miguel Cancela, son agora practicantes da billarda, o que supón acadar un dos fins da LNB: difundir a práctica do xogo por todo o territorio. Fabuloso!

————————————————————————————————————————–

        A Conferencia Noroeste fortaleceu a unión cos medios de comunicación para esta nova temporada. De novo, seguirán informando sobre este deporte marbilloso. Parabéns compañeir@s do Noroeste. Se importante é que cada vez haxa máis practicantes, non o é menos que a información que suliña a presenza da billarda no chan galaico chegue a todos os currunchos do país. 
       

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome