IMPORTANTE

1
151
Na etiqueta CAMPIONATO GALEGO BILLARDA 2012 está a proposta do novo sistema de competición para o 27 de maio. Abrimos un periodo de tempo para que cada conferencia aporte suxestións, modificacións, comentarios, enmendas, etc a este sistema, para así, telo definido antes de viaxar a Compostela. Pensamos que entre todos e todas chegaremos a elaborar un sistema para competir. Por suposto, hai moitas maneiras de organizar as actividades e de facelas, mais normalmente debemos escoller unha. Entón, adiante!

Tamén, facer público que a maquinaria organizativa está en marcha. De momento está concretado que a superficie de xogo será o campo de fútbol de terra de CD Conxo. Todo o que ten que ver co terreo de xogo encárganse os de XOGOS TRADICIONAIS.

Os outros aspectos loxísticos: trofeos, megafonía, música, folios, carpetas, bolígrafos, taboeiro, etc. concretarase o día do XERRO DO SALNÉS 29 abril. Ao mesmo tempo, o sistema de competición será posto por escrito para facerllo chegar a todas as conferencias.

Para calquera opinión tendes á vosa disposición todolnb@gmail.com

1 COMMENT

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome