I CIRCUITO DE VERÁN

0
94
Durante o verán celébranse unha chea de abertos en lugares diferentes da xeografía galega. Estes abertos contribúen a difundir A BILLARDA. Certamente, é un dos obxectivos da LNB, a difusión. Mais, debe ser outro dos nosos fins facer atractiva esta competición para que novos equipos entren neste colectivo chamado LNB, que desde 2005 non para de medrar. 
Daquela, este é o sentido do I CIRCUITO DE VERÁN. Organizar unha competición de Verán na cal poidan participar os grandes palanadores e palanadoras da LNB, ademais de xente dos lugares onde se celebren, para facer visible a estructura organizativa da nosa liga. Para atraer a eses grandes ídolos da billarda hai que propoñerlles certos retos persoais atractivos. Así, o ganador ou ganadora farase coa CHAQUETA LNB, que lucirá durante a temporada 2012-2013.
Outro dos obxectivos é que haxa participación de xogadores de todas as conferencias. Deste xeito, preténdese organizar, polo menos, un torneo aberto en territorio de cada conferencia. Polo de agora, están incluídos no CIRCUITO, o día 17 xuño (TOURO) CONCEN, o día 14 xullo (MARÍN) CONSUR. 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome