Gharaboto continúa intratable e Xan Rodiño ten flor… verde

0
425

Xan Rodiño de Lúa de Forza de Sanxenxo conseguiu ganar en Cangas a pesar de pasar de grupo coa segunda puntuación más baixa dos clasificados para a fase de cruces eliminatorios. Alguen lembrou a flor verde que ao de Dorrón asomáballe por debaixo do pantalón de deportes. Segunda foi Lu do mesmo equipo e terceiro Manolo Fariña de Gharaboto de Marín.

En Equipos, Gharaboto continúa coa súa senda vitoriosa na peregrinación polos pavillóns do Morrazo. Segundo foi Corredoiras de Bueu e terceiro Lúa de Forza.

En Féminas, ganou Bego de Corredoiras, segunda Mónica Padín de Gharaboto e terceira María Caride deste mesmo equipo.

En Infantil, primeiro foi Hugo de Gharaboto, segunda Nerea de Armadiña de Poio e terceiro o Raio Verde Xián de Lúa de Forza.

En Equipos Féminas ganou Gharaboto Féminas coa marca histórica de ptos 74, segundo foi Valpaços Terra Quente de Vigo e terceiro Armadiña Féminas.

   

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome