Fin de semana NORLESTE 8 xornada MEIRA

0
169
       O domingo xogarase a 8 xornada da Conferencia Norleste en Meira. A climatoloxía dirá se se xoga baixo o ceo ou baixo o teito. De todos os xeitos, este Aberto do Lacón, ten entre os seus ganadores a nomes ilustres. Ou sexa, sexa en pavillón ou no parque, quen queira meterlle o dente á pata do porco deberá estar moi acertad@.
      Desde a temporada pasada o Aberto denomínase Memorial Xosé da Flor para lembrar ao noso compañeiro desaparecido. M de Meira colaborará un ano máis coa LNB na organización. Meira foi un dos lugares fundamentais para que a LNB se abrira camiño cara ás Comarcas da Terra Chá e de Lugo. Entón, para calquera que teña amor por este deporte da Billarda é unha obrigación acudir polo menos unha vez na vida ao Aberto de Meira . E sempre é mellor facelo de viv@ que de mort@. 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome