FIN DE SEMANA LNB RÍAS BAIXAS e NOROESTE

0
88

Fotos realizas nun intervalo de tempo de 1/1000 segundo. A ver se sodes quen de ver a billarda na primeira foto? A billarda está, pero hai que ter moi boa vista, coma a de Charri.
       O máis destacado da penúltima xornada
de LNB Rías Baixas 2017-2018 non é que xa se saiba quen é campión absoluto de
Conferencia, nin tampouco que despois de soportar moitas xornadas de inverno Luís Camiña volvera a subir ao máis cálido do podio nunha xornada LNB, nin moito menos que Marisa, “A coxa do Casal”, se fixera co triunfo na Categoría Feminina, e tan sequera que Martiño regresara á competición cun triunfo incontestable na Categoría Infantil. Non, non e non. O feito máis misterioso, sorprendente e, polo tanto, máis salientable foi a billarda invisible coa que se presentou a xogar Charri. 
        Por sorte, contouse cunha cámara fotográfica de alta definición usada en ufoloxía e podemos achegar probas da experiencia piloto que realizou o magnífico xogador de Corredoiras. Realmente, o resultado deportivo da billardainvisible non foi o esperado. De todos os xeitos, Salvador Santos afirmou que esta era a primeira proba seria e que había que continuar traballando no proxecto durante algúns meses máis. 
CATEGORIA ABSOLUTA do EQUIPO
1 LUÍS CAMIÑA GHARABOTO MARÍN
2 JUANCHI LÚA DE FORZA SANXENXO
3 CHICHO LÚA DE FORZA SANXENXO
CATEGORÍA FEMININA do EQUIPO
1 MARISA LÚA DE FORZA SANXENXO
2 LU LÚA DE FORZA SANXENXO
3 ELENA SABARÍS ARMADIÑA POIO
CATEGORÍA INFANTIL do EQUIPO
1 MARTIÑO CORREDOIRAS BUEU
2 JUANMA LÚA DE FORZA SANXENXO
3 AINHOA ARMADIÑA POIO
CATEGORÍA EQUIPOS
GHARABOTO MARÍN
LAXE DE RONS O GROVE
ARMADIÑA POIO

        Luís Camiña ganou a xornada. O palanador de Marín volvou ao carreiro do triunfo despois de moitos meses. Juanchi foi a sorpresa da xornada, xa que é un xogador con poucas xornadas LNB disputadas. Xogando na súa terra tivo un rendemento por enriba do esperado. Chicho completou o podio. Marisa foi a sorpresa na Categoría Feminina, tanto por non ser unha xogadora que estea habituada a obter tan bo resultado, como por estar xogando cun pé escaiolado. Na Categoría Infantil, o regreso de Martiño á competición foi excepcional e nin o campión da categoría, Juanma foi quen de vencelo. Gharaboto pasou por enriba dos demais equipos cunha diferenza de 19 ptos sobre Laxe de Rons, quen por vez primeira ocupa esta praza na súa historia. Todos os demais, Armadiña, Lúa de Forza e Corredoiras, apenas chegaron aos 60 ptos, cando o equipo de Marín superou os 80 ptos. En definitiva, semella que o equipo marinense está encarando a recta final con sólidas esperanza de chegar nun momento óptimo á Final Nacional do 27 de maio. O título de Conferencia xa está en mans de Corredoiras desde a xornada pasada.
        O Título Absoluto de Conferencia decidiuse sobre a herba artificial de As Laxes. Deste xeito, Xan Rodiño de Lúa de Forza, repite título por cuarta temporada consecutiva. O resto das prazas de podio vanse decidir na última xornada entre 3 candidatos, Salva, Ricar e Piru, separados por 2 ptos. Quen podería ofrecer máis igualdade e emoción de cara á última xornada a celebrar no Estadio Nacional de Billarda da Reiboa? 
         Os outros lugares quentes das clasificacións son os postos de Finalista LNB 2018. Aquí si que vai haber emocións encontradas. Aqueles e aquelas que consigan finalmente entrar entre @s elixid@s sentirán ledicia e aquelas e aqueles que non o logren non a sentiran. Ademais, están as estratexias dos equipos, que con todo decidido nesta Categoría, buscan situar ao maior número de palanadoras e palanadores das súas cores nas finais individuais. Deste modo, na Categoría Individual Absoluta Lito, Taxeiro, Charri e Carolo están clasificados a día de hoxe, mais están ameazados pola intención de conseguir as súas prazas por parte de Suso, Martín, Alberte, Papi e Adriana. Tendo en conta que Charri non pode acudir á última xornada e que a distancia entre o último posto de finalista e Papi é de 6 ptos, xa temos os ingredientes para preparar unha xornada de adrenalina á grella.
       Na Categoría Feminina só queda unha praza por otorgar. Nestes momentos é para Inés que lle saca 1 pto a Zaira e Ainhoa, 3 ptos a Cheli e Vanessa e 7 a Yudani. En definitiva, de novo a gozar co corazón latexando forte. Hai que considerar que a terra do Campo de Billarda de Poio é moi esixente, daquela quen consiga a praza será verdadeiramente merecedora dela. 
       Preséntase unha última xornada fabulosa, na que as estratexias de equipo serán determinanates. Veremos se Armadiña é capaz de dominar o seu propio terreo de xogo e consigue que Papi e Ainhoa alcancen os seus obxectivos. Pola súa beira, Lúa de Forza terá que intentar que Carolo conserve a posición, Gharaboto buscará que Suso entre, Rinoceronte que o faga Alberte, Laxe de Rons que sexa Martín e Valpaços intentará que Taxeiro conserve a súa posición, o mesmo que Corredoiras con Lito. Pero, o que ninguén vai poder lograr é que Charri se clasifique como finalista, pois un cruceiro polo Mediterráneo vaino impedir. 
       
BELMIRA Valpaços Terra Quente
CHO Armadiña

DANIEL Rinoceronte

FARI Corredoiras

JUANCHI Lúa de Forza

LUÍS CAMIÑA Gharaboto (deixou de levar a camiseta de equipo e o seu rendemento mellorou)
ÁLVARO PAI Gharaboto

CHEFA Corredoiras

JOSÉ MANUEL Rinoceronte

MÓNICA Gharaboto

LUIS GON Gharaboto
CONFERENCIA NOROESTE
XORNADA 14
MALPICA
        Non nos chegou aínda a crónica da xornada 14 da Conferencia Noroeste. O que si sabemos é como quedan as clasificacións a falta dunha única xornada. Tamén sabemos que se bateu unha marca histórica de participación con 60 xogador@s. A presenza dunha representación moi numerosa da Conferencia Rías Baixas axudou a conseguir este rexistro histórico. Como se fai nos mitings de atletismo para vencer ao cronómetro, unha trintena de palanadoras e palanadores do Sur de Galicia acercouse ata Malpica para lograr esta proeza. 
        Mañá ofreceremos máis información do que sucedeu no campo de Pedra Queimada. Incluso, nos aseguraron que había algunha foto impactante pola súa natureza extraordinaria e singular.   

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome