FIN DE SEMANA DE LNB

0
201
CONFERENCIA NORLESTE


CONFERENCIA RÍAS BAIXAS

        Apareceron os carteis que anuncian as xornadas LNB da fin de semana de Ramos… e Xestas. En Pol xa teñen preparadas as botas de goma para evitar a humidade da Carballeria de Mosteiro. Na Conferencia Rías Baixas prefiren calzado acuático. En definitiva, a dous meses da Final LNB 2018 as clasificacións non deixan marxe a equivocacións na elección do calzado. Abaixo podedes comprobar que moitas e moitos xogadores deixaron para a primavera o que non puideron conseguir no inverno, a clasificación para a Final Nacional. Tamén, os títulos de Conferencia deberán decidirse nas derradeiras xornadas. 
       
         Así, no Norleste, Charly podería dar un paso definitivo se consegue manter a distancia de 11 ptos cos billardeiros Manu Pozo e Daniel Rodríguez, xa que despois faltarían só 2 xornadas por xogarse. Nesta mesma Conferencia e na categoría de Equipos, Chaínzos-Cadaval e Troitas Bravas queren a terceira praza que dá dereito á Final Nacional. 3 ptos de vantaxe ten o equipo da Pontenova. Ademais, este equipo enviou, con moi bo criterio, a dous dos seus mellores palanadores  ao Aberto das Estrelas de Poio para que a inactividade de máis dun mes sen competición oficial non lles afectase. Tiveron unha actuación destacadisima os dous e, sobre todo, Sachas, ganador do concurso de triples e segundo clasificado no Aberto das Estrelas. Isto fai pensar que o equipo troiteiro quere asegurar en Mosteiro (Pol) a praza de finalista LNB.

       Na Conferencia Rías Baixas parecen dedicidas as prazas na Categoría de Equipos, pois aínda que Armadiña comezou unha remontada importante e xa está cuarto clasificado, pensamos que son moitos puntos de desvantaxe os que ten para acadar a terceira posición. 131 puntos son demasiados a pesar do gran momento de forma do equipo armado. O podio da Categoría Individual Absoluta está por decidir. O título é a posición máis clara, polo momento, pois Xan ten 35 ptos de vantaxe sobre Ricar. Os outros postos de podio están no aire. 
       Sen lugar a dúbidas, as posicións máis cobizadas son as que dan dereito a ir á Final LNB 2018. As prazas de finalista víronse aumentadas pola praza conseguida do Aberto das Estrelas, pois conseguiuna un xogador que xa ten praza polo posto que ocupa na clasificación xeral. Neste momento corresponderíalle a Carolo con 140 ptos, pero hai ata 8 xogador@s que están a menos de 20 ptos dos 140. Estes, e algún máis que poida ter un gran final de temporada, van aproveitar ata o último golpe para conseguir os puntos necesarios

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome