FIN DE SEMANA de billarda

0
249

 

 

   Preto dun cento de
persoas participaron no Aberto da Chaira 2019. Entre estas persoas
había xogadores e xogadoras da LNB e tamén quen nunca xogara
billarda. Daquela, o poderío e talento dun dos grandes xogadores da
mellor liga de billarda do mundo, Regueiro, mostrouse irresistible. O
da Pastoriza non tivo compaixón e levouse o xabarín impreso nun
artesanal soporte. Detrás del, quedaron Charly, Ismael e Chousa.
Salientar a participación do Coroceiro LNB 2019, Daniel Rodríguez
Saavedra.
 
   Este histórico Aberto
non repetiu nunca ganador. Nos dez anos de vida houbo outros tantos
ganadores, cousa que di das dificultades de compatibilizar
hidratación e competición. En definitiva, a piques estivo Charly de
repetir, mais… non foi posible. No historial de ganadores deste
Aberto destacan os palanadores da terra Chá. Outro misterio que
intentaremos resolver nos vindeiros días é o de quen venceu no
2015, xa que, na documentación que se conserva nos blogs da billarda
non aparece o misterioso vencedor. Non queda outra alternativa que
buscar informantes que estiveran presentes e teñan memoria dos
feitos que alí aconteceron aquel 11 de xullo de 2015. (Despois de publicar esta crónica, chegounos a información que faltaba. Resulta que Rafa Saavedra López, de Chaínzos, ganara o Aberto da Chaira no 2015. Entón, procedeuse a incluílo no podio histórico).

 

Nova practicante
Franco, o incombustible





ABERTO DA PATRIA 
27 XULLO 
CASTROVERDE

 

    O
que sucedeu en Castroverde é cousa de resumilo en soporte audiovisual… visionade este
documento inédito e vós mesmas, vós mesmos tirade reflexións.
Acáelle como título: ESTRADA CARA AO PASADO. O lugar de xogo,
situado baixo o sombrizo abeiro de carballos milenarios, convidaba a
revivir aquel tempo da matria galega, onde a tribo rural compartía
as faenas agrarias con gozo e alegría. 

 

    Neste outro
audiovisual podedes presenciar o que sucedeu no Aberto do Día da Patria de Compostela
do día 25 de xullo. Algo sorprendente e marabilloso, dous xogadores
que aprenderon in situ a xogar billarda subiron ao podio. Un deles
proclamouse Patriota Nacional 2019. Os dous xogadores son galegos de
nacemento, polo tanto, seleccionables pola Auténtica. Esperamos que
o seleccionador Flores tome boa nota destes talentos descubertos en
Compostela e faga seguimento das súas traxectorias deportivas. Xa é
hora do relevo xeracional para afrontar a vindeira Copa Cantábrica
con garantías de reencontrar o vieiro da vitoria.  

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome