FIN DE SEMANA DE BILLARDA NAS 3 CONFERENCIAS

0
114
      A LNB bota a andar coa cabeza posta no obxectivo da Coroza 2019. Esta fin de semana é unha das que coinciden xornadas en todas as Conferencias do país. Xa se estrañaba no corpo esa vibración que produce o impacto do palán contra a billarda e que percorre todo o corpo como un aloumiño oculto e misterioso. 
      Castro Ribeiras de Lea (Castro de Rei), Cesantes (Redondela) e Paiosaco (A Laracha) son os lugares privilexiados coa presenza da tribo da billarda. A conta atrás comeza, coa mitade da liga xogada e coa outra mitade esperando. Cada quen busca unha praza nas Finais LNB 2019, que se disputarán o último domingo de maio en Compostela. Daquela, …
Adiante co varal!
Billarda sempre!

       Rematado o 2018 presentamos as clasificacións históricas nas diferentes categorías. 
     
       Só aparecen palanadores que conseguiron algún título LNB na Categoría Individual Absoluta.

       Nesta clasificación feminina aparecen aquelas mulleres que ganaron algún título e tamén aquelas que ganaron algunha xornada LNB, polo tanto, estas son as 22 mulleres que xa teñen, para sempre, un lugar no ALFA (Alboio da Fama) da LNB. Virán novas xogadoras de billarda no futuro, cando esta sexa un deporte normalizado e haxa practicantes en cada curruncho do país, mais todos e todas lembraremos a estas pioneiras que nos primeiros 14 anos de LNB axudaron a consevar este deporte marabilloso. E ollo que algunha delas está deixando o lindeiro do seu palmarés tan alto que as futuras palanadoras do século XXI terán que esforzarse moito para alcanzar estes cumios.
       Nesta clasificación só aparecen as persoas que ocupan os primeiros 25 postos da xeral de Varados da historia da LNB.

      Na clasificación de Equipos aparecen soamente os equipos que conseguiron algún título LNB.

        Aquí aparecen palanador@s que ocupan os 25 primeiros postos da clasificación histórica de xornadas LNB ganadas.

       Nesta clasificación histórica de xornadas ganadas aparecen só os equipos que continúan en activo na LNB nesta temporada 2018-2019

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome